O Fabril FC Alevín mantén o liderado cun valioso empate ante o Victoria CF
O Fabril FC Alevín mantense no liderado do subgrupo 2º da Segunda Fase A Coruña grazas a un valioso empate (3-3) ante o Victoria CF, en partido correspondente á 7ª xornada.
Así pois con este resultado, o Fabril FC Alevín marcha na cabeza con 14 puntos e un partido menos que precisamente o Victoria CF, segundo cos mesmos 14 puntos.
Mario González -2- e Leo Sánchez foron os goleadores fabrilistas dun equipo que regresou á competición ligueira após brillar durante a Semana Santa, con medalla de prata no Torneo do ADC Sagrado Corazón en Lugo, no Torneo de Extramundi (Padrón) e no Trofeo Vila de Caldas, os tres nos que participou.
Fabril FC Alevín: Alejandro Pais, Manu Alcázar, David Ramos, Leo Sánchez, Hugo Caridad, Mario González, Iker Obeso e Yael López. Tamén xogaron: Brais Taín, Javi Barral, Antón Vilariño, Daniel Alonso, Sergio Infante e Thiago Montes.
O vindeiro sábado, o Fabril FC Alevín mídese en Abegondo ao Sada CF.
Os resultados do Fabril FC Alevín nesta segunda fase son os seguintes:
Fabril FC Alevín 3 (Iker Obeso -2- e Daniel Alonso) - Victoria CF 2 Sada CF 3 - Fabril FC Alevín 3 (Iker Obeso -2- e Nico Torres) Fabril FC Alevín 11 (Hugo Caridad -3-, Iker Obeso -3-, Yael López, Leo Sánchez, Mario González, Nico Torres e Manu Alcázar) - Atlético San Pedro 0 Atlético Arteixo 0 - Fabril FC Alevín 10 (Iker Obeso -3-, Javi Barral -3-, Mario González -3- e Daniel Alonso) Victoria CF 3 - Fabril FC Alevín 3 (Mario González -2- e Leo Sánchez)