RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril mantén a xeira vitoriosa á conta do Atlético Arnoia

O Fabril mantén a xeira vitoriosa que iniciou o pasado sábado ante o Polvorín FC cun novo triunfo esta noite (2-0) en Abegondo ante o Atlético Arnoia, en partido correspondente á 14ª xornada aprazado até en dúas ocasións por COVID.

O marcador non se movería durante os primeiros 45 minutos. Os ourensáns aguantaron ben as acometidas fabrilistas, que non tiñan moita claridade.

Após o descanso, Runy, destacado no partido ante o Polvorín FC do pasado sábado, abriu a lata no minuto 63 de penalti. Pouco despois, no 76, Davo sentenciou o choque. De novo decidiron os dous futbolistas determinantes agora mesmo no equipo de Óscar Gilsanz.

Con este resultado, o filial deportivista suma 31 puntos e instálase provisionalmente na cuarta posición da táboa.

Fabril: Brais Suárez, Iván Guerrero, Juan Rodríguez, Dani Barcia, Iano Simão, Fabio, Brais Val, Runy, Nájera, Mella y Davo. Tamén xogaron: Jairo, Sanmartín, Mario, Currás e Víctor.

Este domingo 6 de febreiro ás 17:00, a Fabril visita ao CD Choco en partido correspondente á 22ª xornada.

Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:

Fabril 0 - Racing Villalbés 0
Noia CF 0 - Fabril 3 (Davo -2- e Yeremay)
Fabril 2 (Runy e Yeremay) - Viveiro CF 0
Polvorín FC 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Davo) - CD Choco 0
Ourense CF 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Davo -2-) - SD Sofán 0
SD Juvenil de Ponteareas 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Runy e Fabio) - CD Barco 1
Alondras CF 1 - Fabril 0
Fabril 3 (Yeremay -2- e Runy) - UD Somozas 0
CSD Arzúa 2 - Fabril 1 (Runy)
Silva SD 1 - Fabril 2 (Davo e Dani Barcia)
Fabril 1 (Javi Sanmartín) - CD Estradense 2
Rápido de Bouzas 3 - Fabril 1 (Davo)
Racing Villalbés - Fabril, aprazado
Fabril 0 - CF Noia 0
Viveiro CF 1 - Fabril 0
Fabril 4 (Davo -3- e Nájera) - Polvorín FC 1
Fabril 2 (Runy e Davo) - Atlético Arnoia 0