RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O golazo de Álex, o mellor dunha xira que finaliza sen triunfos

  O Dépor non puido conseguir ningunha vitoria en terras colombianas e volvió a caer derrotado (3-1) no segundo partido da LFP World Challenge disputado fronte ao Deportivo Cali no Olímpico Pascual Guerreiro. De novo a maior

O choque arrincou con intensidade e cunha primeira ocasión aos 37 segundos mediante un disparo do xogador local Rivas que se marchou desviado. Foi un avance do que sería o encontro. O Deportivo Cali dominou o xogo e dispuxo das ocasións, mentres que o Dépor tentaba buscar as contras rápidas por mediación de Rudy, Arizmendi, Toché ou Luisinho.

Unha falta lanzada directamente a portaría por Rudy no minuto 18 converteuse no único disparo dos branquiazuis no tempo regulamentario da primeira parte. Houbo que esperar ao desconto para ver o segundo tiro, tamén asinado por Rudy desde a frontal e de novo coa intervención do gardameta local, Furtado, en dous tempos.
 
Entremedias o Deportivo Cali dispuxo de dúas boas ocasións, unha de Viáfara que no 22 rematou de volea un centro ao segundo pau que se marchou cruzado, e un gol ben anulado por fóra de xogo de Caneo, o mellor dos locais, sete minutos despois. Nesa xogada produciuse a lesión de Pablo Insua, que pediu o cambio tras sufrir molestias no psoas. A lesión do xogador de Arzúa será avaliada polos Servizos Médicos do Deportivo ao regreso da expedición deportivista á Coruña.
 
No 39 Fabricio despexou de forma espectacular un disparo de Rivas no que se converteu na última ocasión dos verdes na primeira parte, un primeiro tempo no que o máis destacado foi a boa actuación de Queijeiro, que se moveu con gran soltura no seu debut como titular no primeiro equipo.
 
A segunda parte arrincou coa entrada no campo de Álex Bergantiños substituíndo ao propio Álvaro Queijeiro. Un movemento de xogadores que se completou cunha tripla substitución na que Juan Carlos, Borja e Laure ocuparon os postos de Rudy, Arizmendi e Manuel Pablo. Cos cambios aínda asentándose no campo chegou o primeiro gol do Deportivo Cali nunha xogada pola esquerda na que Fabra deixou o tanto en bandexa a Herrera, que só tivo que empuxar o balón desde a frontal da área pequena.
 
A reacción do Dépor chegou pronto grazas a un bo pase á área de Juan Carlos que Borja conseguiu rematar, pero o seu tiro marchouse desviado a escasos centímetros da portaría de Silva. Foi unha miraxe porque o dominio local continuou e Fabricio tivo que empregarse a fondo para sacar un lanzamento de Fabra e posteriormente salvar un man a man con Ramirez. Nesta segunda ocasión o canario levou un  golpe na cara que aproveitou Candelo para rematar a porta baleira e anotar o segundo tanto local.
 
O gran recordo para o Dépor desta xira será sen dúbida o golazo que un galego anotou un 25 de xullo estreando a camiseta que representa a bandeira da comunidade. Foi Álex Bergantiños, que non llo pensou dúas veces á hora de armar a perna dereita para disparar desde a frontal da área e axustar ao límite un disparo que se coou pola escuadra da portaría defendida por Silva.
 
Co Deportivo tratando de xerar perigo e de empatar o partido, chegou o terceiro tanto local nun pase ás costas da defensa que deixou a Ramirez de novo fronte a fronte con Fabricio ao que, esta vez, si conseguiu bater de lonxe tras a súa saída para tentar tapar a ocasión. 
 
Cun disparo desviado de Borja Bastón acabouse un partido que serviu ao Dépor para acumular máis minutos nesta pretemporada e que deixa para as videotecas un gol que, en espectacularidade, será difícil de superar nesta tempada 2014-2015.
 
Deportivo Cali: Furtado (Silva, min. 45); Helibelton, Nasuti, Mera (Calderón, min. 54), Fabra; Viáfara, Pérez (Candelo, min. 63, Bolivar (Giraldo, min. 67), Caneo (Mojica, min. 76); Rivas (Ramírez, min.63), Herrera (Mosquera, min. 57)
 
RC Deportivo: Fabricio; Manuel Pablo (Laure, min. 54), Insua (Deak, min.31), Lopo, Canella; Juan Domínguez, Queijeiro (Álex Bergantiños, min. 45), Rudy (Juan Carlos, min. 54), Luisinho (Seoane, min.69); Arizmendi (Borja, min. 54) e Toché
 
Árbitro: Wilson Lamouroux. Amoestou a Palacios (min. 49)
 
Goles: 1-0 Herrera (min. 57); 2-0 Candelo (min. 73); 2-1 Álex Bergantiños (min. 85); 3-1 Ramirez (min. 88)
 
Incidencias: Segundo partido da LFP World Challenge disputado no Estadio Olimpico Pascual Guerreiro (Santiago de Cali). Antes de comezar o partido, o colombiano Abel Aguilar, exjugador de ambos os equipos, realizou o saque de honra e gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas do accidente de tren de Angrois, ocorrido hai un ano.