O internacional Kevin sostén ao Xuvenil A en Oviedo
Kevin Sánchez, citado para os dous próximos amigables da selección española sub-18 ante Suíza (o martes 8 e o xoves 10 de novembro), foi de novo decisivo para o Xuvenil A, esta vez en Oviedo.
Do pichichi do conxunto de Manuel Pablo, 11 dianas xa no que vai de liga, foi o gol do triunfo ante o Real Oviedo (1-2) en partido correspondente á 9ª xornada na División de Honra.
Na primeira metade, concretamente no minuto 18, adiantáronse os asturianos, cuartos na táboa, e empatou Seydiba pouco despois, no 23.
Con este marcador, o Xuvenil A suma 23 puntos e é 2º na táboa após o RC Celta, líder con 24 puntos.
Xuvenil A: Román, Quique Teijo, Manu Berrocal, Vilela, Seydiba, Carlos, Hugo, Baldomar, Kevin, Montero e Álex Delgado. Tamén xogaron: Garaboa, Ogando, Carreira, Pedro e Guerrero.
A próxima semana, o Xuvenil A recibe en Abegondo ao CD Covadonga.
Os resultados do Xuvenil A en liga até a data son os seguintes:
CD Lugo 1 - Xuvenil A 3 (Hugo Baldomar, Garaboa e Carlos) Xuvenil A 1 (Kevin) - Atlético Perines 1 CD Marina Sport 1 - Xuvenil A 2 (Hugo e Kevin) Xuvenil A 1 (Kevin) - Sporting de Gijón 1 SD Compostela 1 - Xuvenil A 7 (Kevin -4-, Hugo Baldomar, Martín Ochoa e Garaboa) Xuvenil A 4 (Álex Delgado, Montero, Kevin e Ogando) - Arosa SC 1 RS Gimnástica de Torrelavega 0 - Xuvenil A 3 (Montero, Kevin e Ogando) Xuvenil A 3 (Kevin, Vilela e Ogando) - Bansander 0 Real Oviedo 1 - Xuvenil A 2 (Seydiba e Kevin)