RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O noso Dépor entra na historia do fútbol español

O noso Deportivo, campeón da liga Adiante, segue batendo récords e entra por méritos propios na historia do fútbol español. Venció en Vilarreal (0-1) con gol de Bodipo e alcanza os 91 puntos, un rexistro hist&oacu

Aranzubia, Manuel Pablo, Morel, Ze Castro, Aythami, Alex, Juan Domínguez, Borja, Colotto, Valerón, Riki, Seoane, Laure, Gardado, Bruno Gama, Lassad... demostraron que son un grupo competitivo, formado por grandes profesionais que se partiu a alma por devolver ao Dépor á liga BBVA, batendo ademais todos os rexistros como de puntuación (91 pola anterior marca que tiña o Valladolid con 88), de triunfos (un total de 29) e de vitorias consecutivas (9).
 
Non importa que o persoal pasase unha 'difícil' semana de celebracións. Había que pechar a tempada cun novo éxito. E logrouno enchendo de novo de orgullo ao deportivismo.
 
O partido ademais serviu para que na segunda metade un novo canteirán coruñés, Juan Carlos, debutase en Liga, tras facelo xa na Copa do Rei. Juan Carlos celebrou así a súa renovación polo Dépor durante o próximas tres tempadas. Puido ademais festexalo cun gol, xa que tivo unha boa oportunidade diante de Diego Mariño. Chegou moi forzado e, obstaculizado polo defensa, xutou fóra.
 
O encontro foi de luva branca, con moi poucas ocasións de gol. Na primeira parte só houbo que rexistrar un cabezazo de de Aythami que sacou nunha gran parada Diego Mariño; e un man a man de Trigueros con Lux (hoxe titular), que a meta deportivista sacou cos pés.
 
Tras o descanso, chegou o debut de Juan Carlos e a entrada de Bodipo, que resolveu de cabeza un gran pase de Saúl. Era o 0-1 que supuña unha nova fazaña para este Deportivo que pasa á historia.
 
Agora toca descansar e cargar as pilas para o regreso ante os grandes.
 

Vilarreal B: Mariño; Pere, Truyols, Pablo Íñiguez (Kiko, m.38), Jaume Costa; Lejeune, Toribio; Pablo González (Cámara, m.63), Moi Gómez, Manu Trigueros; e Lucas Porcar (Joselu, m.75).

Deportivo: Lux; Seoane, Aythami, Rochela, Ayoze; Álex Bergantiños, Juan Domínguez, Bruno Gama (Laure, m.86), Saúl, Pablo Álvarez (Juan Carlos, m.62); e Xisco (Bodipo, m.71).

Gol: 0-1, m.74: Bodipo.

Árbitro: Miranda Torres (Colexio Catalán). Amoestou a Bruno Gama.