RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Polonia crúzase no camiño de Lucía Rivas mañá xoves no Campionato de Europa sub-17

-Foto:@rfef.es

 

Lucía Rivas (na foto na fila do medio a segunda futbolista comezando pola dereita) está concentrada en Suecia coa selección española sub-17 con motivo da Fase Final do Campionato de Europa.

O segundo partido do torneo para a canteirá branquiazul será mañá xoves 9 de maio ás 15:30 ante Polonia, que na primeira xornada derrotou a Bélxica (1-0).

O choque xogarase no Klostergardens IP da localidade de Lund.

O luns 6 en Malmö arrincou o Europeo para o combinado nacional con Portugal como primeiro rival.

Venceron as españolas (3-0) nun partido no que Lucía Rivas saltou ao céspede no minuto 82 en substitución de Ainoa Gómez.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Luns 6 de maio
ESPAÑA 3 - PORTUGAL 0

Xoves 9 de maio
15:30: ESPAÑA - POLONIA, no Klostergardens IP en Lund

Domingo 12 de maio
15:30: BÉLXICA - ESPAÑA, no Klostergardens IP en Lund

Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais, que se xogarán o mércores 15 de maio.

Lucia Rivas é unha dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.