O Orzán SD Cadete B Feminino xa coñece aos seus rivais no grupo 1º de Segunda Autonómica
O Orzán SD Cadete B Feminino terá estes rivais no grupo 1º da Segunda Autonómica: Atlético Os Castros, Orillamar SD, Eirís SD, Torre SD, Silva SD, Galicia Caranza, Discalzas SD, SD O Val B, CCRD Perlío, Cultural Maniños, CD Obrero, Atlético San Pedro e Unión Campestre.
O formato de competición é de liga a dobre volta, do próximo 2 de outubro ao 14 de maio de 2023. O cinco primeiros e o mellor 6º do seis grupos xogarán a fase de ascenso a Primeira Autonómica, á que ascenderán 4 equipos.
Os equipos clasificados do 7º ao 11º e os dous mellores 12º do seis grupos xogarán unha fase de permanencia na nova Segunda División 2023-2024.
Finalmente, o 13º e o 14º clasificado na liga baixarán a Terceira Autonómica, ademais dos 4 peores 12º dos 6 grupos.
En pretemporada desde o 17 de agosto
O Orzán SD Cadete B Feminino arrincou a pretemporada na Torre o pasado 17 de agosto con este cadro:
Porteira Sofía Carregal
Defensas Eva Rama Sila Santiso Irene Miguez Noela González
Centrocampistas Lola Nieto Tania Taboada (Procedente do Xuventude de Crendes) Dunia Lahmouni (Procedente do SCD Pastoriza) Carmen Traba
Dianteiras Nuria Valea Sofia Milhem Noa Cardeñoso Alba Monteserín
Corpo técnico Adestrador: Enrique Solla Segundo adestrador: Joel Rodríguez