RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Orzán SD Cadete Feminino xa coñece a súa folla de ruta na liga Galega

O Orzán SD Cadete Feminino xa coñece a súa folla de ruta na Liga Galega, que arrancará o próximo 9 de outubro.

As orzanistas quedaron encadradas no grupo A, con estes rivais iniciais: Silva SD, Victoria CF, SD Xuventú de Aguiño, Bergantiños CF, CF Noia, Obradoiro, SCD Milagrosa e PM Friol.

Nesta primeira parte da competición, o formato é de liga a dobre volta que concluirá o 2 de abril de 2023.

Os catro primeiros clasificados pasarán á Fase polo Título cos outros catro primeiros do grupo B. Esta segunda parte da temporada xogarase unha liga a unha volta para decidir o campión.

Pola súa banda, os clasificados do 5º ao 9º na primeira fase pasarán a unha Fase de Consolación cos do grupo B.

En pretemporada desde o 17 de agosto

O Orzán SD Cadete Feminino de Liga Galega comezou os adestramentos en Abegondo o pasado mércores 17 de agosto con estas xogadoras:

Defensas
Candela Fernández
Alexia Freire
Candela González
Nadia Longueira
Paula Martínez
Daniela Basalo

Centrocampistas
Mica Baratelli
Emma Gandoy
Valeria Montero
Sofía Paz

Dianteira
Ánxela Prado

Ana Capelo, Sara Cercido, Yaiza García, Macarena González, Abril Pazos, Lucía Rivas, Laura Santos e Elena Vázquez, tamén compoñentes do Orzán SD Cadete Feminino, adéstranse co Dépor ABANCA B ou Orzán SD Xuvenil Feminino.

Corpo técnico
Primeiro adestrador: Abel Sánchez
Segundo adestrador: César Conde