RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Xuvenil Feminino mereceu máis cun empate ante a SD Antas

O Orzán SD Xuvenil Feminino logrou un punto (0-0) que sabe a pouco na súa visita á SD Antas, con motivo da 4ª xornada no subgrupo A da Primeira División Galega.

As orzanistas dominaron de principio a fin ao seu rival, pero faltou acerto para materializar algunha das oportunidades de que dispuxeron.

A pesar deste resultado, o Orzán SD Xuvenil Feminino lidera o subgrupo con sete puntos de nove posibles.

Orzán SD Xuvenil Feminino: Uxía Rabuñal, Gala, Uxía López, Celia, Antía Brage, Lucía Fuentes, Iria Otero, Sara Cercido, Valeria, Lucía Rivas e Noe. Tamén xogaron: Martina, Lucía Mariño, Abril, Daniela e Macarena.

A próxima fin de semana, o Orzán SD Xuvenil Feminino non ten partido ligueiro porque o seu rival de quenda, o Betanzos CF, retirouse da competición.

Os resultados do Orzán SD Xuvenil Feminino até a data son os seguintes:

SD Tordoia 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Lucía Rivas, Laura Otero e Laura Santos)
Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Lucía Rivas e Laura Otero -2-) - Bergantiños CF 2
SD Antas 0 - Orzán SD Xuvenil Feminino 0