RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O RC Deportivo e Pedro Mosquera reforzan a súa unión ata 2021

  O Real Club Deportivo e o centrocampista coruñés Pedro Mosquera ampliaron esta tarde a súa vinculación ata o 30 de xuño de 2021, quedando así reforzada a unión da entidade cun dos xogadores que, no pouco tempo

Pedro Mosquera Parada (A Coruña, 21 de abril de 1988) chegou ao Deportivo este verán procedente do Elxe CF e converteuse nun fixo nas aliñacións do equipo, disputando como titular 22 dos 23 encontros de LaLiga (perdeuse o do Nou Camp por sanción) e tres do catro encontros de Copa do Rei desta tempada.

O futbolista ofrecerá unha rolda de prensa o luns ás 12:30 horas no estadio de Riazor.