RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O RCD continúa coa súa política de redución de débeda e desinversión en activos non estratéxicos

O Real Club Deportivo da Coruña comunica que, con data de hoxe, asinou un contrato en virtude do cal, un prestixioso grupo hostaleiro coruñés asumirá a explotación do inmoble conformado pola Sala de Eventos e a Sala Boit

Esta actuación enmárcase na política do actual Consello de Administración de desinversión en activos non estratéxicos, nos que a xestión dos anteriores administradores ocasionou importantes perdas económicas ao Real Club Deportivo, de maneira particular as actividades empresariais nos ámbitos dos medios de comunicación e a hostalaría.
 
A partir do 15 de xaneiro de 2015 o Real Club Deportivo deixará de estar presente na actividade hostaleira, quedando convertida a sociedade Deporhostelería Praia Club S.L. nunha sociedade xestora dos alugueres derivados da explotación por parte de terceiras empresas da complexo Praia Club. Desta forma garántense beneficios reais e recorrentes durante os próximos anos que se destinarán a cancelar a débeda orixinada polos antigos xestores.

En relación coa Complexo Praia Club o Consello de Administración ten, como último reto, pór en valor económico o espazo "Os Arcados" que non foi explotado nin xerou rendemento algún ata este momento. Neste sentido, comunícase que con data de hoxe se subscribiu unha opción preferente para que leste mesmo grupo hostaleiro valore os termos e condicións propostos para a explotación dese espazo.