RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Real Club Deportivo reitera a súa esixencia de xustiza no caso do Manzanares

Ante as últimas informacións publicadas referentes ao caso do asasinato de Francisco Javier Romeu Taboada "Jimmy", o Real Club Deportivo quere manifestar, como xa fixo públicamente o pasado 2 de decembro de 2014, dous días d

O Real Club Deportivo reitera, unha vez máis, que non dispón de ningún tipo de información oficial sobre os tristes sucesos de Madrid a pesar de solicitala. Si existe unha evidencia: que producíndose un asasinato, hai uns asasinos que, case seis meses despois, non están a disposición da xustiza para responder ante ela.

O Real Club Deportivo quere facerse eco do profundo malestar xerado por esta situación que tanto dano está a facer ao deportivismo, expresando novamente o desexo de que se aclaren o máis pronto posible todos os aspectos de tan triste e lamentable suceso. Tamén expresa a súa confianza en que finalmente se faga xustiza e que todos os responsables destes feitos poidan ser xulgados e condenados.