RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A vence ao Real Oviedo e aperta a loita polo liderado

O Xuvenil A venceu en Abegondo (3-0) ao Real Oviedo en partido correspondente á 18ª xornada, primeira da segunda volta, na División de Honra.

Garaboa por partida dobre e Álex Delgado foron os autores dos goles dun equipo que xa atisba no horizonte a gran cita do 9 de febreiro na UEFA Youth League ante o FC Dynamo Kyiv en ABANCA-RIAZOR (19:00 horas, Movistar+).

Con este resultado ante os carbayóns, o Xuvenil A é segundo na táboa con 45 puntos, a 2 puntos do líder, o RC Celta, que viu aprazado o seu partido desta xornada en Santander ante o Atlético Perines.

Xuvenil A: Hugo Ríos, Quique Teijo, Álex González, Seydiba, Mario Vázquez, Rubén, Nacho, Jairo, Garaboa, Diego Gómez e Padín. Tamén xogaron: Martín Ochoa, Álex Delgado, Hugo Baldomar, Embid e Manu Berrocal.

A próxima fin de semana non haberá xornada e a seguinte cita para os pupilos de Manuel Pablo será o domingo 6 de febreiro (pendente de confirmación) no campo do CD Bezana.

Os resultados do Xuvenil A até a data en liga son os seguintes:

Real Oviedo 2 - Xuvenil A 2 (Urdiales e Nájera)
Xuvenil A 2 (Diego Gómez e Hugo Baldomar) - CD Bezana 0
Xuvenil A 6 (Martín Ochoa -4-, Hugo Baldomar e Garaboa) - CD Covadonga 1
Real Avilés CF 1 - Xuvenil A 2 (Pablo Trigo -2-)
Xuvenil A 5 (Pablo Trigo -3-, Álex González e Nacho) - Pabellón Ourense CF 0
CD Lugo 0 - Xuvenil A 1 (Pablo Trigo)
Xuvenil A 2 (Pablo Trigo e Mella) - Pontevedra CF 1
Atlético Perines 1 - Xuvenil A 2 (Diego e Hugo Baldomar)
Xuvenil A 3 (Pablo Trigo, Quique Teijo e Diego) - CD Marina Sport 0
Sporting de Gijón 3 - Xuvenil A 3 (Rubén e Pablo Trigo -2-)
Xuvenil A 6 (Diego -3-, Mato -2- e Álex González) - CD Arenal 1
RC Celta 2 - Xuvenil A 1 (Nacho)
Xuvenil A 4 (Diego -2-, Jairo e Padín) - ED Val Miñor Nigrán 0
Ural Español CF 0 - Xuvenil A 1 (Martín Ochoa)
Xuvenil A 0 - SD Compostela 0
Real Racing Club 0 - Xuvenil A 1 (Diego)
Xuvenil A 3 (Nájera -2- e Mario) - Bansander 0
Xuvenil A 3 (Garaboa -2- e Álex Delgado) - Real Oviedo 0