RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Os Nosos regresan ao traballo e o canteirán David Mella empeza a facer tarefas co grupo

Os Nosos volveron esta mañá aos adestramentos despois da xornada de descanso de onte martes. En rolda de prensa esta mesma mañá, Davo avogou por "seguir traballando, seguir currando e tentar reverter a situación canto antes".

A novidade na sesión de hoxe foi a presenza de David Mella no grupo durante a primeira parte da xornada. O canteirán entrou xa na recta final da súa recuperación.

Imanol Idiakez dispuxo, após unha activación con roda de pases, dunha serie de exercicios de posición no campo 2 con porterías pequenas; e fútbol reducido, de alta intensidade, para un grupo de futbolistas.

Ademais do citado Mella, Martín Ochoa, Jairo, Rubén, Marc, Kevin e Óscar Marotías foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves, o Dépor continuará ás 11:00 en Abegondo coa preparación do partido deste domingo 3 de decembro ás 17:00 (FEF TV) no Estadi Johan Cruyff ante o FC Barcelona Atlètic.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK

 

/* Bot imbee */