RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Óscar Gilsanz: O traballo que temos entre mans é seguir sendo competitivos, é ser cada vez mellores

Óscar Gilsanz resaltou en rolda de prensa este mediodía que "as vitorias (como a da pasada fin de semana ante o CD Covadonga en Abegondo) sempre levántanche un pouco o ánimo, fanche a semana máis levadía. Todos somos máis altos, máis guapos, até nos crece o pelo cando gañamos. Nese sentido a dinámica é positiva pero as xeiras hai que manterlas co traballo e o traballo que temos entre mans é seguir sendo competitivos, é ser cada vez mellores, facer que os mozos cada vez vaian dando pasos cara a adiante, que cada vez crezan máis".

Admite que o Compos, rival mañá sábado 17 de febreiro (17:00) no Estadio Vero Boquete de San Lázaro "vén con dúas derrotas seguidas (en Zamora e en Ourense), pero excepto a derrota co Marino de Luanco, en casa estábase mostrando moi seguro, con moitas vitorias consecutivas, con autoridade, encaixando pouco, ademais de ser un equipo que estaba en principio confeccionado para optar a ese primeiro posto. Despois dun mal inicio tivo unha boa reacción e agora está a pelexar por estabilizarse neses postos de play off".

O técnico fabrilista, sobre Martín Ochoa, que de novo está entre os convocados, apunta que "é un mozo que vén dunha operación e é importante que vaia collendo minutos e sensacións".

Sen lesións no Dépor, o que freou o transvasamento de futbolistas cara arriba, subliña que "o primeiro equipo sobre todo recuperou xogadores, fichou xogadores. Ten agora mesmo todo o cadro dispoñible e iso fai que o Fabril tamén teña máis xogadores, teñamos máis dispoñibilidade en canto a nomes, en canto a xogadores e aí as semanas son máis estables".

Iso si, lembra que "o obxectivo dun filial é adaptarse ao que vai pasando no Club, ao que vai pasando no primeiro equipo, ao que nos vai pasando a nós mesmos e nese sentido estamos satisfeitos do que estabamos a facer antes e agora evidentemente tamén".

/* Bot imbee */