RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Óscar Gilsanz vaticina pelexa até o final a nivel clasificatorio que ademais é unha capacidade de aprendizaxe para os xogadores

Óscar Gilsanz subliñou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que a loita pola clasificación en Segunda Federación para o Fabril "é unha posibilidade e unha capacidade de aprendizaxe para os xogadores. Xa o ano pasado, por outros obxectivos e noutra categoría, o final de temporada foi tremendamente formativo para os xogadores por esa disputa de cada xornada que nos podiamos deixar o liderado. Nesa liña este ano, por outro obxectivo evidentemente, e sendo capaces de competir cada día, de ser un equipo que o seu rendemento sexa bo e que os xogadores vaian crecendo con esa esixencia competitiva que nos reclama a clasificación. Os mozos están a responder a esa esixencia, a ese reto e temos que seguir nesa liña".

É consciente que "a pelexa vai ser até o final a nivel clasificatorio e que hai moitísima igualdade; e mesmo equipos que en principio partían con outros obxectivos e metéronse aí nesa pelexa non dan saído. Ver a clasificación indícache un pouco que tipo de partido vas xogar e ese tipo de partidos para os xogadores son moi formativos".

Define ao Ourense CF, rival este domingo 25 de febreiro ás 12:00 en Abegondo (Youtube RC Deportivo) como "un dos tes equipos que van pelexar polo liderado e polo ascenso até o final. Ademais é un equipo moi completo, que se adapta a calquera tipo de partido, que se adapta a un partido onde teña que levar a iniciativa, tamén a un partido onde teña que responder máis ao que faga o rival. É capaz de manifestar un xogo ofensivo con moita profundidade, con moita capacidade de chegada, con xente con moito gol, con capacidade para xogar por dentro e sobre todo para xogar tamén por fóra porque ten xogadores por banda con moita profundidade. E é un equipo capaz de defender ben e de defender preto da súa propia portería, co cal é un rival de entidade", conclúe.

O preparador fabrilista lembra nesta liña que "a categoría ou a clasificación a estas alturas engana pouco e nese sentido é un dos equipos que vai estar aí pelexando até o final".

/* Bot imbee */