RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Parte médico de Manuel Pablo e do fabrilista Iván Pérez

Os Servizos Médicos, a través dunha ecografía practicada hoxe, detectaron unha rotura fibrilar no semitendinoso da coxa esquerda do futbolista Manuel Pablo.

Por outra banda, Ivan Pérez foi intervido cirurxicamente no Hospital USP Santa Teresa polo Dr. Rafael Arriaza. Ao xogador do Deportivo B practicóuselle unha artroscopia de ombreiro, pola inestabilidade recidivante que presentaba. A lesión afectaba ao rodete glenoideo, a marxe ósea anterior da glenoides e ao tendón da porción longa do bíceps. Iván Pérez permanecerá inmobilizado un período de aproximadamente 6 semanas, para iniciar posteriormente o tratamento fisioterápico. Calcúlase que necesitará un prazo de 4 a 6 meses para poder reincorporarse á competición.