RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Pedro Mosquera: Chegar a ser un dos capitáns é un orgullo para calquera coruñés

Pedro Mosquera foi o protagonista esta mañana na sala de prensa de Abegondo. Vaticina en Sevilla ante o Real Betis este venres 26 de agosto ás 20.45 (Gol TV) un partido duro: "Todos os partidos son duros. Cada vez a xente ten mellores persoais

Do encontro do pasado venres ante o Eibar, no que o centrocampista coruñés iniciou a remontada no marcador, confesa estar "moi contento. Xa me tocaba un gol, ademais en casa, en Riazor. É unha sensación que non vivira nunca. Gustaríame repetir".

Cre ademais que o seu tanto foi "importante porque o partido púxose difícil. Entrabamos nuns minutos nos que se achegaba o final do partido e era importante o empate. Nese sentido estou moi contento por poder axudar ao equipo. O meu labor principal non é marcar goles. Recíbese con alegría pero non me preocupa o tema de marcar".

Opina Mosquera que era "primordial gañar ao Eibar, un rival a priori directo. Tal e como se puxo o partido di moitísimo do equipo a reacción que tivemos. Daquela o gol unha alegría e a capitanía unha cousa que decidiron e que acepto con moitísimo orgullo".

Neste sentido e sobre o brazalete, o futbolista branquiazul, nomeado recentemente cuarto capitán, recoñece que "me fai ilusión. Xa o dixen o outro día despois do partido que me fai moitísima ilusión. Son de aquí da Coruña, vivín moitos anos vendo ao Deportivo de pequeno e chegar a ser un dos capitáns do equipo é un orgullo para calquera coruñés e ou mesmo para calquera xogador que non sexa da Coruña. Ser capitán dun equipo como é o Deportivo que é un club histórico para calquera persoa é unha satisfacción".