RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Pedro Mosquera pide ''estar atentos e concentrados o noventa minutos''

Pedro Mosquera advirtió esta mañana na sala de prensa de Abegondo da complexidade do partido ante o Athletic Club, o domingo 18 de outubro ás 20.30 horas en Riazor (Canle + Fútbol / Abono Fútbol): "Vén de gañar en casa ant

Recalca o centrocampista coruñés que "tanto o corpo técnico como o equipo somos moi traballadores. Vaian ben as cousas ou mal imos seguir igual". E explica que o persoal prepara exhaustivamente o choque ante o conxunto vasco: "Traballamos uns días os aspectos defensivos e os aspectos ofensivos. Onte tocaron os defensivos, hoxe os ofensivos; un pouco traballando as cousas onde podemos facer dano e onde non queremos que nos fagan dano".

Pide o mediocentro deportivista o "domingo estar atentos e concentrados o noventa minutos e subliña que o Athletic "ten moi bos xogadores", caso de Aduriz.

Precisamente do artilleiro do Athletic falou Mosquera: "Sempre foi un xogador importante. Outra cousa é que ultimamente estea a ter máis puntaría de face ao gol, está a facer máis goles e parece que se ve máis. Sempre foi un dianteiro de referencia. Foi moi bo dianteiro".

Respecto ao ambiente que pode haber o domingo no estadio, con motivo do Día das Penas, asegura Pedro Mosquera que ao equipo "sempre nos motiva xogar en Riazor, xa sexa un partido con menos xente ou máis. Pero si é verdade que canto máis público haxa, mellor para nós e para o Deportivo. Esperemos que canta máis xente veña mellor".