RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

''Podemos competir en calquera campo'', advirte Mosquera en referencia ao partido no Calderón

  Pedro Mosquera reconoció esta mañana na sala de prensa de Abegondo que este añou 2016, "a nivel de resultados non son os que esperábamos. Vivín noutros equipos refachos de éstas, en Xetafe, en Elxe a

A solución, para o centrocampista coruñés, pasa por corrixir "pequenos erros que nos están penalizando. Sen ir máis lonxe, o outro día o tres goles marcáronnolos a balón parado. Se non, fose un bo partido pola nosa banda. Corrixindo eses pequenos fallos que non son de actitude, son simplemente de concentración, creo que podemos mellorar moito".

De face ao encontro deste sábado 12 de marzo no Vicente Calderón ante o Atlético de Madrid (20.30 horas, Canle + Liga / Abono Fútbol) lembrando que unha semana máis tarde chega o Levante a Riazor (sábado 19 de marzo), di Pedro que "todos os partidos son importantes. Se na primeira volta diciamos que en calquera campo podiamos competir eu creo que esta segunda volta a actitude ten que ser a mesma. Podemos competir en calquera campo. Podemos facer un bo partido onde sexa e imos tentar facer un bo partido e sumar algún punto".
 
Insiste en darlle a mesma importancia ao encontro do Atlético que ao do Levante, a pesar de que o Dépor viaxe a Madrid con xogadores apercibidos e conte con varios lesionados: "Non é a primeira vez que hai xogadores apercibidos de sanción, non é a primeira vez que imos xogar con moitas baixas. De feito nesta segunda volta estamos a ter bastantes baixas importantes e ao final nós temos compañeiros que poden facelo igual de ben. E despois está o míster que decidirá quen xoga este partido, o fin de semana que vén e cando sexa".
 
Descarta que o equipo pense máis no Levante: "Se imos xogar contra o Atlético de Madrid pensando no seguinte partido vai ser un resultado difícil de dixerir. Nós temos que ir alí a competir. Somos o Deportivo da Coruña, non temos que ser inferiores a ninguén e aínda que agora estamos a pasar por un refacho un pouco máis complicada, temos a moral alta e temos que ir facer un bo partido alí".