O dianteiro do Fabril Pedro Alves Correia, que o ano pasado realizou a pretemporada co Deportivo, atópase este mes na cidade de Vaasa (Finlandia), concentrado coa selección portuguesa no Campionato de Europa sub-19.
Nesta competición participan as 8 mellores seleccións europeas, con moitas das grandes promesas do fútbol continental.
Portugal quedou encadrado na Primeira Fase no grupo A, con Finlandia, Noruega e Italia.
O equipo luso arrancou hoxe luns o torneo con triunfo (1-3) ante Noruega. Pedro seguiu o choque desde o banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo.
A próxima cita de Portugal será este xoves 19 de xullo fronte a Italia.
O calendario da selección lusa (en horario local), cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:
Luns 16 de xullo NORUEGA 1 - PORTUGAL 3
Xoves 19 de xullo 19:30: PORTUGAL - ITALIA, no Hietalahti Stadium (Vaasa)
Domingo 22 de xullo 17:30: PORTUGAL - FINLANDIA, no Hietalahti Stadium (Vaasa)
Os 2 primeiros clasificados xogarán as semifinais, que serán o xoves 26 de xullo ás 14:00 e 18:00 horas.
Finalmente, o terceiro do grupo disputarase co terceiro do grupo B unha praza para o próximo Mundial sub-20. Será ese mesmo xoves 26 (12:00 horas) no OmaSP Stadion da localidade de Seinäjoki.