RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Portugal confirmou ao Club a convocatoria de Ze Castro

A Selección Portuguesa que dirixe Carlos Queiroz confirmou hoxe ao Real Club Deportivo a convocatoria de Ze Castro para dous partidos con Portugal, ante Albania en Tirana o 6 de xuño, clasificatorio para o Mundial de Sudáfrica 2010; e fronte

A incongruencia dos calendarios internacionais fai que Canadá e Chipre programasen un partido internacional amigable en Larnaca o sábado 30 de maio, coincidindo xusto co partido de Liga do Deportivo en Riazor ante o Barcelona. De Guzman foi citado para ese encontro de Canadá e o centrocampista do Dépor, con permiso do corpo técnico, incorporouse xa o pasado luns á concentración do seu equipo nacional.

Así mesmo, Lassad foi preconvocado para dous partidos con Tunes, clasificatorios para a Copa de África e para o Mundial 2010 de Sudáfrica. Os encontros son o 6 de xuño en Tunes ante Mozambique e o 20 de xuño, tamén en Tunes, fronte a Nixeria.

A pasada semana, o Club recibiu as citacións de Bodipo e Gardado. Así, Bodipo disputará con Guinea Ecuatorial un amigable en Talin ante Estonia o próximo 6 de xuño. O dianteiro deportivista é o gran abanderado da súa Selección.

Por fin, Andrés Gardado disputará con México dous partidos oficiais clasificatorios para o Mundial de Sudáfrica 2010. O 6 de xuño enfróntase ao Salvador na capital salvadoreña; e o 10 de xuño, o rival de Gardado e o resto do combinado mexicano será Trinidad e Tobago en México D.F. Gardado viaxará á concentración tras finalizar o choque ante o Barcelona.