RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Portugal e Bélxica, primeiros rivais mañá xoves para Mella e Elena Vázquez

#ANOSACANTEIRA está representada nestes compromisos das categorías inferiores da selección española masculina e feminina con David Mella e Elena Vázquez, dúas das grandes promesas de Abegondo.

Portugal e Bélxica serán os primeiros rivais de Os Nosos mañá xoves.

Mella, en Turquía contra os lusos

David Mella está concentrado coa sub-18 nun torneo internacional na localidade turca de Bursa.

O canteirán branquiazul, aínda en idade xuvenil, realizou boa parte desta pasada pretemporada co primeiro equipo ás ordes de Borja Jiménez e está en dinámica do Fabril de Tercera RFEF. O pasado domingo por exemplo foi titular ante o Alondras CF.

O primeiro rival de España será Portugal mañá xoves a partir das 12:30 no Vakifköy Sport Facilites, na poboación de Yildirim.

O calendario de Mella é o seguinte:

Xoves 22 de setembro
12:30: ESPAÑA - PORTUGAL, no Vakifköy Sport Facilites (Yildirim)

Sábado 24 de setembro
16:30: TURQUÍA - ESPAÑA, no Karacabey M. Fehmi Gerçeker Stadyumu (Karacabey)

Luns 26 de setembro
12:30: ESPAÑA - ROMANÍA, no Minareli Çavuş Stadium (Nilüfer)

Así pois, David Mella será baixa segura para o partido do Fabril da 3ª xornada en Tercera RFEF en Abegondo ante o Arosa SC previsto para o domingo 25.

O martes 27 o fabrilista regresará á Coruña despois dunha longa viaxe desde Istambul.

Elena Vázquez mídese ás belgas

Elena Vázquez Brandón, futbolista do Orzán SD Xuvenil Feminino, que a pasada semana participou nuns adestramentos coa selección española sub-17 na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid), entrou na convocatoria definitiva deste combinado nacional de cara ao torneo clasificatorio para o Campionato de Europa da categoría que arranca mañá xoves.

A defensa orzanista, que aínda non cumpriu 15 anos, terá como primeira rival a Bélxica, ás 19:00 no Estadi Olimpic Camilo Cano (La Nucía).

O calendario de partidos de Elena Vázquez é o seguinte:

Xoves 22 de setembro
19:00: ESPAÑA - BÉLXICA, no Estadi Olimpic Camilo Cano (La Nucía)

Domingo 25 de setembro
18:00: ESPAÑA - POLONIA, no Estadio Polideportivo Municipal Pau Gasol (L'Alfàs del Pi)

Mércores 28 de setembro
12:00: GRECIA - ESPAÑA, no Estadi Olimpic Camilo Cano (La Nucía)