RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Recuperación para un grupo e intensidade para o resto do cadro, hoxe pola tarde en ABANCA-RIAZOR

Os titulares onte no Estadio Ruta de la Plata tiveron unha sesión vespertina de recuperación, con carreira continua, estiramentos, baños de contraste e paso pola padiola dos fisioterapeutas.

Para os demais, como é habitual despois de cada partido, a xornada foi máis intensa, cun quecemento, un xogo de posición, fútbol en espazo reducido e unha tarefa de finalizacións para concluír.

Pablo Trigueros e Álvaro Rey tiveron adestramento personalizado; e, ademais de Noel e Trilli, que formaron de inicio ante o Zamora CF, Juan Rodríguez, Dani Barcia, Yeremay, Alberto e Brais Suárez completaron hoxe a representación de #ANOSACANTEIRA.

Mañá venres 28 de xaneiro o Dépor adestrarase a partir das 12:30 na Cidade Deportiva. Este atraso respecto ao horario habitual das 10:30 proporcionará aos futbolistas unhas horas máis de descanso e, á vez, permitirá traballar cara ás horas centrais do día, sorteando así o intenso frío destes días pola mañá.