RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Regresa a competición oficial para #ANOSACANTEIRA após o parón de Semana Santa

As competicións oficiais regresan para os diferentes equipos de #ANOSACANTEIRA, tralo parón da Semana Santa.

Mañá sábado 7, o Fabril mídese na Cidade Deportiva ao Unión Adarve. O obxectivo é consolidar a praza de playoff e mesmo, dependendo dos resultados de Rayo Majadahonda e Fuenlabrada, recuperar o liderado do grupo 1º da Segunda División B.

Gustavo Munúa citou aos seguintes futbolistas: Francis, Ricardo, Blas, Raúl González, Quique Fornos, One, Diego Caballo, Edu Expósito, Carlos López, Queijeiro, Martín Bengoa, Bicho, Borja Galán, Jardel, Uxío, Luis Fernández, Romay e Luismi.

Para o partido, os socios teñen libre acceso. O público terá que pagar 10 euros por entrada; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Xogan na Coruña mañá sábado ante o Victoria o Xuvenil B (16:00) e Cadete A (12:00); e o domingo o Infantil B (12:30), neste caso ante o Sporting Coruñés. Os dous primeiros encontros serán na Grela 1 e o último en Elviña Pequeno.

Pola súa banda, o Infantil A participa na XIX edición do Trofeo Dani Güeñes, que se xoga na localidade de Güeñes (Biscaia).

O FC Porto e o Athletic Club serán os rivais do conxunto branquiazul na Primeira Fase.

Por este motivo, o seu partido pertencente á 11ª xornada da Liga Galega, Fase polo Título, ante o Ourense, pasa a disputarse o 14 de abril ás 11:30 en Abegondo.

De todos os partidos programados, sobresae o do Xuvenil A en Abegondo o domingo ás 12:00 ante o Val Miñor Nigrán, co título da División de Honra en xogo.

Ademais está no aire a segunda praza, que daría opción a disputar a Copa do Rei. O terceiro clasificado tamén podería acceder ao torneo do KO, pero deberá esperar a saber como conclúen os terceiros dos outros 6 grupos, pois só os 2 mellores acceden á devandita competición.

O Xuvenil A logrará o título se gaña e o Sporting de Gijón perde o seu partido en Pontevedra. Para manter a segunda praza precisa facer o mesmo resultado que o Celta no seu encontro ante o Bansander.

En caso de empate xixonés e de triunfo branquiazul e celeste, habería triplo empate a 68 puntos. Neste caso, segundo os enfrontamentos entre os tres, sería campión o Sporting, segundo o Celta e terceiro o Xuvenil A.

Para este partido na Cidade Deportiva branquiazul, do mesmo xeito que o do Cadete B do domingo (11:00) ante o Bergantiños B, os socios teñen libre acceso. Para o público, a entrada custa 3 euros.

Esta fin de semana toca descanso para o Deportivo ABANCA B na Primeira Autonómica Feminina; e para o Alevín B no grupo 1º da Segunda Fase, neste caso porque o seu rival, a Santa María del Mar, retirouse da competición.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
33ª xornada: FABRIL - UNIÓN ADARVE, o sábado 7 de abril ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Rayo Majadahonda, 58 puntos; 2. Fuenlabrada e Fabril, 56 puntos; 4. Navalcarnero, 54 puntos; 5. Rápido de Bouzas, 53 puntos...

Categoría feminina
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Valladares (un partido menos), 68 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 63 puntos; 3. Atlético Arousana, 58 puntos...

Categoría xuvenil
30ª xornada, última: XUVENIL A - VAL MIÑOR NIGRÁN, o domingo 8 de abril ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Sporting de Gijón, 67 puntos; 2. Xuvenil A e Celta, 65 puntos; 4. Real Racing Club, 58 puntos...

28ª xornada: VICTORIA - XUVENIL B, o sábado 7 de abril ás 16:00 na Grela 1
Clasificación da Liga Nacional: ... 2. Ural, 67 puntos; 3. Xuvenil B, 55 puntos; 4. Racing de Ferrol, 53 puntos; 5. Victoria, 50 puntos...

Categoría cadete
28ª xornada: VICTORIA - CADETE A, o sábado 7 de abril ás 12:00 na Grela 1
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 76 puntos; 2. Cadete A, 68 puntos; 3. Pabellón Ourense, 47 puntos...

28ª xornada: CADETE B - BERGANTIÑOS B, o domingo 8 de abril ás 11:00 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: ...4. Viveiro A, 52 puntos; 5. Lugo B e Cadete B (un partido menos), 48 puntos; 7. Escola Estrada Fútbol Base, 45 puntos...

Categoría infantil
Trofeo Dani Güeñes en Güeñes (Biscaia)
Primeira Fase
Sábado 7 de abril
10:55: ATHLETIC CLUB - INFANTIL A
17:00: FC PORTO - INFANTIL A
Os dous primeiros equipos clasifícanse para as semifinais, que se xogarán o domingo 8 de abril.

Clasificación da Liga Galega, Fase polo Título: 1. Celta, 30 puntos; 2. Infantil A, 24 puntos; 3. Ourense, 18 puntos...

31ª xornada: SPORTING CORUÑÉS - INFANTIL B, o domingo 8 de abril ás 12:30 en Elviña Pequeno (A Coruña)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B (un partido máis), 71 puntos; 2. Victoria B e Orillamar, 63 puntos...

Categoría alevín
8ª xornada: SCDyR NARÓN O FREIXO - ALEVÍN A, o martes 10 de abril ás 18:45 no campo de Río Seco (Narón)
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, grupo norte: 1. Alevín A, 21 puntos; 2. Lugo A, 18 puntos...

Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º: 1. Alevín B, 18 puntos; 2. Obradoiro (un partido menos), 12 puntos...

Categoría benjamín
12ª xornada, xogado onte xoves: LUIS CALVO A 1 - BENXAMÍN A 1 (Janusz)
13ª xornada: BENXAMÍN A - VICTORIA A, o sábado 7 de abril ás 11:00 na Torre
Clasificación da Segunda Fase da Primeira Comarcal: 1. Benxamín A, 34 puntos; 2. Ural A (un partido menos), 25 puntos...

21ª xornada: BENXAMÍN B - TORRE C, o sábado 7 de abril ás 11:00 na Torre
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B (un partido menos), 54 puntos; 2. Calasanz C e Victoria C, 46 puntos...