RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

A xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA estivo marcada por 4 derbis co Celta onte sábado, 2 en Vigo: Liga Nacional xuvenil (0-2) e División de Honra cadete (3-0); e outros 2 en Abegondo: Liga Galega infantil na súa Fase polo Título (0-1), e un amigable na División de Honra (4-1).

Este último choque serve ao Xuvenil A como preparación para a Copa do Rei, cuxo rival é o Athletic Club.

En Segunda División B, o Fabril impúxose (0-2) ao Rápido de Bouzas nun duelo ante outro rival directo polos postos de playoff. Con este triunfo, o filial deportivista asegurou matematicamente unha praza nas eliminatorias finais e, nas 2 xornadas que restan, pelexará por ser campión. Está a 1 punto do líder, o Rayo Majadahonda.

Hoxe domingo tamén xogaron na casa o Deportivo ABANCA B (8-1) e Cadete B (1-1).

En categoría benxamín, o Deportivo proclamouse campión da Segunda Fase da Primeira Comarcal A Coruña, a falta de 2 xornadas para o final.

Desta forma, #ANOSACANTEIRA suma no que vai de temporada 6 títulos, tralos cultivados anteriormente polo Infantil A (Liga Galega, grupo norte), Infantil B (Primeira Autonómica, grupo 1º), Alevín A (grupo 1º de Primeira Comarcal A Coruña), Alevín B (Segunda, grupo 1º) e Benxamín A (Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º).

Esta fin de semana tocou descanso para o Infantil B, posto que o seu rival no grupo 1º da Primeira Autonómica retirouse da competición. É a última xornada de liga, por conseguinte, o conxunto deportivista, xa campión desde fai varias xornadas, puxo xa o punto e final a esta competición.

Tampouco tivo competición ligueira o Alevín B no grupo 1º da Segunda Fase; e o Alevín A, que este martes 1 de maio participará na AFE Mijas Cup 2018 de fútbol 7. Por este motivo, o seu partido desta fin de semana do Trofeo Luis Calvo de fútbol once xogarase o xoves 3 de maio ás 19:00 en Abegondo.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
36ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS 0 - FABRIL 2 (Uxío e Luis Fernández)

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminino, 28ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 8 (Michelle Romero -4-, Sara Piñeiro, Vero -2- e Alba Suárez) - TORDOIA 1

Categoría xuvenil
Amigable, disputado o pasado mércores: XUVENIL A 3 (Eyanga, Porrúa e Antón) - LARACHA (Terceira División) 1
Amigable: XUVENIL A 4 (Boedo, Sandá, Pedro e un futbolista rival en propia meta) - CELTA A 1

Liga Nacional, 30ª xornada: CELTA B 0 - XUVENIL B 2 (Ernesto e Litos)

Categoría cadete
División de Honra, 30ª xornada: CELTA 3 - CADETE A 0

Liga Galega, grupo 1º, 30ª xornada: CADETE B 1 (Mouriño) - ESCOLA ESTRADA FÚTBOL BASE 1

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 13ª xornada: INFANTIL A 0 - CELTA A 1

Categoría alevín
Trofeo Luis Calvo de fútbol once, 11ª xornada: ALEVÍN A - LUIS CALVO A, o xoves 3 de maio ás 19:00 en Abegondo

Categoría benxamín
Segunda Fase da Primeira Comarcal, 16ª xornada: ORILLAMAR A 0 - BENXAMÍN A 6 (Anxo -3-, Xabi, Eder e Diego)

Segunda Comarcal A Coruña, 24ª xornada: SPORTING BURGO B 0 - BENXAMÍN B 8 (Gael -2-, Trigo -3-, Paulo, Ioan e Nico)