RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

A participación do Xuvenil A na Sinde's Cup de Narón, co Racing de Ferrol como primeiro rival; e do Cadete na MS2 Cup de Vigo pecharon hoxe domingo unha nova semana de amigables en #ANOSACANTEIRA.

En Narón pola mañá, o conxunto de Manuel Pablo remontou na recta final o tanto inicial do Racing de Ferrol cos goles de Pedro e Kevin.

Pola tarde, a final ante o CD Lugo, verdugo do RC Celta na outra semifinal, acabou en igualada (0-0), aínda que os branquiazuis foron mellores desde o punto de penalti: 3-1.

En Vigo, por contra, o Cadete foi subcampión após caer na quenda de penaltis co RC Celta. A sensación foi agridoce posto que os deportivistas chegaron a mandar na final do torneo por 3-0.

Outros tres equipos tiveron cita de pretemporada onte sábado.

O Fabril visitou ao CD As Pontes no Poboado. Óscar Gilsanz puido dispoñer de todo o seu cadro, incluídos Yeremay, Jairo e Dani Barcia, habituais nos adestramentos do primeiro equipo. A única baixa por lesión foi a de Mella. Así pois, o técnico fabrilista dispuxo dun once en cada tempo nun partido de clara cor branquiazul ante un rival de Preferente Autonómica: 0-5.

O pasado mércores, o filial masculino disputou no campo da Ribela de Sarria o Memorial Carlos Alberto Díaz. O torneo desenvolveuse baixo o formato 3x1, con dous partidos de 45 minutos ante a SD Sarriana, de Preferente Autonómica, e o Polvorín FC, de Segunda RFEF. Os fabrilistas venceron á Sarriana (0-3) pero caeron (0-1) ante o Polvorín FC.

Ademais estreáronse nesta pretemporada esta mañá o Infantil ante o Bertamiráns FC de categoría cadete (0-0 no campo 7 de Abegondo) e o San Tirso SD infantil fronte ao Imperátor OAR A (6-0 no Monte).

O Xuvenil B competiu o pasado venres 19 de agosto na MS2 Cup de Vigo no inicio dunha nova fin de semana de pretemporada en #ANOSACANTEIRA. Pabellón Ourense CF, Rápido de Bouzas e UD Santa Mariña foron os rivais na Primeira Fase dos branquiazuis, apeados da final polo RC Celta na quenda de penaltis da semifinal: 5-6. Ao final do tempo regulamentario chegouse con empate a un gol.

Foi precisamente o Xuvenil B o encargado de abrir o martes o calendario de amigables desta semana. O conxunto que prepara Miguel Figueira visitou ao Bergantiños CF na súa terceira cita do verán tralas vitorias anteriores ante o CD Calasanz (6-2) e SD Valdoviño, de Primeira Autonómica (0-2). Os branquiazuis foron superiores (1-4) grazas aos goles de Mesfin -2-, Adrián e Rubén. E iso que o 'Bergan' púxose pronto por diante no marcador.

Finalmente o mércores, o Deportivo ABANCA B superou (2-0) ao Viajes InterRías FF dunha categoría superior, Segunda Federación, no campo 5 de Abegondo. Decidiu o choque un dobrete de Laura Otero, pichichi do equipo no que vai de verán posto que ante o Umia CF (0-1) tamén decantou o choque co seu gol.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira RFEF
Memorial Carlos Alberto Díaz na Ribela (Sarria)
3x1
SD SARRIANA 0 - FABRIL 3 (Iván, Yeremay e Nájera)
FABRIL 0 - POLVORÍN FC 1

CD AS PONTES 0 - FABRIL 5 (Iván -2-, Jairo, Nájera e Álex Pereira)

Categoría feminina
DEPORTIVO ABANCA B 2 (Laura Otero -2-) - VIAJES INTERRÍAS FF 0

Categoría xuvenil
Sinde's Cup, Memorial José Antonio López Doce 'Tonecho' no campo de Sinde (Narón)
Domingo 21 de agosto
Semifinal
RACING DE FERROL 1 - XUVENIL A 2 (Pedro e Kevin)
Final
XUVENIL A 0 - CD LUGO 0. A penaltis: 3-1

BERGANTIÑOS CF 1 - XUVENIL B 4 (Mesfin -2-, Adrián e Rubén)

Torneo MS2 Cup, en Vigo
Venres 19 de agosto
Primeira Fase
XUVENIL B 0 - PABELLÓN OURENSE CF 2
XUVENIL B 2 (José Rei e Rubén) - RÁPIDO DE BOUZAS 0
XUVENIL B 2 (Noé e Adrián) - UD SANTA MARIÑA 2
Semifinal
XUVENIL B 1 (Juan Barros) - RC CELTA 1. A penaltis: 5-6

Categoría cadete
Torneo MS2 Cup, en Vigo
Domingo 21 de agosto
Primeira Fase
CADETE 4 (Brian, André, Uxío e Vergara) - CD NARÓN 0
CADETE 5 (Telmo, Dani -2-, Nico e Rubén) - CORUXO FC 0
Cuartos de final
CADETE 4 (Dani -2-, Uxío e Xián) - PABELLÓN OURENSE CF 0
Semifinais
CADETE 4 (Dani, Xián, Nico e Vergara) - CORUXO FC 0
Final
CADETE 3 (Xián, Dani e Rubén) - RC CELTA 3. A penaltis: 7-8

Categoría infantil
INFANTIL 0 - BERTAMIRÁNS FC cadete 0

SAN TIRSO SD 6 (Iker Obeso -2-, Raúl Lema, Daniel Fructuoso, José Quiroga e Álex Martinez) - IMPERÁTOR OAR A 0