RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados en #ANOSACANTEIRA e calendario para mañá domingo, con atención especial ao Fabril

O partido máis destacado en #ANOSACANTEIRA esta fin de semana é o do Fabril, que se mide a un Cerceda xa sen obxectivos na táboa, mañá domingo 6 de maio ás 12:00 en Abegondo. O filial deportivista, xa clasificado para o playoff de ascenso a Segunda División, busca agora o título de liga. Os pupilos de Gustavo Munúa están a 1 só punto do líder, o Rayo Majadahonda, que a esa mesma hora recibe ao San Sebastián de los Reyes no seu campo.

Como é habitual, os socios teñen libre acceso ao partido. Para o público, a entrada sénior custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

O técnico fabrilista citou a estes xogadores: Francis, Ricardo, Quique Fornos, Mujaid, Raúl González, One, Diego Caballo, Martín Bengoa, Edu Expósito, Gaizka, Borja Galán, Romay, Bicho, Luismi, Uxío, Luis Fernández, Jardel e o xuvenil Gandoy.

Tamén xogou en Abegondo hoxe sábado o Xuvenil B. Superou (3-0) a un Ural que chegaba ao partido como líder da Liga Nacional.

Compiten neste caso lonxe da Cidade Deportiva o Deportivo ABANCA B (mañá domingo ante o Milagrosa en Lugo), o Cadete B (1-2 na Coruña ante o Victoria B), o Infantil A (mañá en Nigrán ante o Val Miñor), e o Alevín A (0-6 en Ponte dos Brozos ante o Atlético Arteixo A).

Precisamente, esta fin de semana finaliza o Infantil A a súa participación na Liga Galega. Os branquiazuis logran a medalla de prata, só superados polo Celta.

Por outra banda, a participación do Cadete A nun torneo amigable en Nantes (Francia), fixo que o seu partido da División de Honra ante o Ural pase ao xoves 10 ás 19:00 horas.

A xornada en #ANOSACANTEIRA arrancou o pasado xoves 3 de maio con tres partidos e tres triunfos: o do Alevín A (6-0) e os dos benxamíns (o A por 1-8 e o B por 6-0). Os encontros corresponden á xornada do Trofeo Luis Calvo de fútbol once, da Segunda Fase da Primeira Comarcal e da Segunda Comarcal A Coruña respectivamente disputadas entre a pasada fin de semana e o martes 1 de maio, día festivo.

Con este resultado, o Alevín A proclamouse campión do grupo norte do Trofeo Luis Calvo. Nos vindeiros días, o conxunto deportivista medirase na gran final ao Celta, campión do grupo sur.

Desta forma, a canteira suma no que vai de temporada 6 títulos, tralos cultivados anteriormente polo Infantil A (Liga Galega, grupo norte), Infantil B (Primeira Autonómica, grupo 1º), Alevín A (grupo 1º de Primeira Comarcal A Coruña), Alevín B (Segunda, grupo 1º) e Benxamín A (Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
37ª xornada: FABRIL - CERCEDA, o domingo 6 de maio ás 12:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 29ª xornada: SCD MILAGROSA - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 6 de maio ás 17:00 no campo Luis Gorgoso (Lugo)

Categoría xuvenil
Liga Nacional, 31ª xornada: XUVENIL B 3 (César, Julián e Jorge) - URAL 0

Categoría cadete
División de Honra, 31ª xornada: CADETE A - URAL, o xoves 10 de maio ás 19:00 en Abegondo

Liga Galega, grupo 1º, 31ª xornada: VICTORIA B 1 - CADETE B 2 (Iván e Nils)

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 14ª xornada: VAL MIÑOR NIGRÁN - INFANTIL A, o domingo 6 de maio ás 12:30 no campo de Ureca (Nigrán)

Categoría alevín
Trofeo Luís Calvo de fútbol once, 12ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO A 0 - ALEVÍN A 6 (Héctor -2-, Jorge, Zoe, Dani Rodríguez e Álvaro)

Segunda Fase, grupo 1º, 13ª xornada: PEÑARREDONDA - ALEVÍN B, o domingo 6 de maio ás 13:00 na Torre

Categoría benxamín
Segunda Fase da Primeira Comarcal, 18ª xornada: BENXAMÍN A 5 (Anxo -2-, Rilo, Mosquera e Janusz) - ÓRDENES A 0

Segunda Comarcal A Coruña, 26ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO C 0 - BENXAMÍN B 10 (Paulo -3-, Trigo -3-, Nico, Caaveiro, Ronquete -4-, Mauro -2- e Gael -2-)