RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado en ANOSACANTEIRA, con tropezóns do Fabril e Dépor ABANCA B, e calendario de mañá domingo

Na xornada de #ANOSACANTEIRA mañá domingo xóganse cinco encontros.

O Cadete, ao mando na División de Honra, visita ao Victoria CF ás 10:00 na Grela 1.

Ademais, quedan os partidos dos orzanes: o Orzán SD Xuvenil Femenino na Torre ante o Tomiño FC Femenino (18:00), o Orzán SD B sub-16 Femenino en Brexo Lema (19:00), o Orzán SD Infantil A Femenino en San Pedro de Visma ante o Atlético Arteixo (12:00) e o Orzán SD Infantil B Femenino na Torre ante o Arzúa FCF (12:00).

Hoxe sábado, #ANOSACANTEIRA viviu unha gran xornada de fútbol.

O Fabril (na foto da noticia) caeu (1-0) co CD Guijuelo no Municipal Luis Ramos grazas a un tanto en propia meta.

O partido resultou moi igualado, con escasas ocasións de gol, e decidiuse por esa acción de mala fortuna.

En Abegondo xogáronse 4 partidos.

O Dépor ABANCA B non puido (2-2) co PM Friol, que igualou o choque nos minutos finais.

O pasado martes, o filial feminino impúxose (2-0) á selección galega sub-17 nun amigable disputado no campo da Lavandeira en Culleredo.

Estiveron convocadas co combinado galego as deportivistas Elena Vázquez, Lucía Rivas e Sara Cercido; ademais das orzanistas Noelia Mayo, Emma Gandoy, Laura Santos e Dunia Dahmouni.

Competiron ademais na Cidade Deportiva o Xuvenil A (3-0 ao CD Choco), Xuvenil B (3-1 ao Alondras CF) e Infantil (5-1 ao Escola Fútbol DSF).

Outros dous encontros disputáronse no Monte, resoltos ambos con vitoria por 2-1: o San Tirso SD Cadete fronte ao UD Ourense e o San Tirso SD Infantil ante o AJ Lérez.

Ademais dos alevíns e o Benxamín A na Torre, e co Fabril FC Benxamín nas Eiroas ante o ED Luis Calvo Sanz (0-2), fóra de casa xogou o Orzán SD Cadete Femenino en Lalín (0-11).

O pasado mércores, tres futbolistas orzanistas participaron coa selección galega sub-15 nun amigable no campo Manuel Regueira da Estrada ante o Escola Estrada FB: Antía Veiga, Claudia Sande e Daniela Macedo.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Amigable (martes 28 de novembro): DEPORTIVO ABANCA B 2 (Uxía López e Laura Otero) - SELECCIÓN GALEGA SUB-17 0
Tercera Federación FutFem, 12ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Testa) - PM FRIOL 2

Primera Autonómica, 12ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO - TOMIÑO FC FEMENINO, mañá domingo 3 de decembro ás 18:00 na Torre (campo 2)

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 12ª xornada: BREXO LEMA SD - ORZAN SD B SUB-16 FEMENINO, mañá domingo 3 de decembro ás 19:00 no campo de Os Pinares  (Brexo Lema)

Liga Galega, subgrupo 1º, 12ª xornada: EF LALÍN 0 - ORZÁN SD CADETE FEMENINO 11 (Valeria Montero -3-, Candela González, Alexia Freire, Yanis Citoula -2-, Daniela Macedo -2-, Sofía Rodríguez e Lucía González)

Liga Galega, subgrupo 1º, 12ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - ATLÉTICO ARTEIXO, mañá domingo 3 de decembro ás 10:00 en San Pedro de Visma (campo 2)
Liga Galega, subgrupo 1º, 12ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO - ARZÚA FCF, mañá domingo 3 de diciebre ás 12:00 na Torre (campo 1)

Segunda Federación
14ª xornada: CD GUIJUELO 1 - FABRIL 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 13ª xornada: XUVENIL A 3 (Guerrero, Ayman e Álex Delgado) - CD CHOCO 0

Liga Nacional, 14ª xornada: XUVENIL B 3 (Samuel Vázquez, Nico Ruiz e Rodrigo) - ALONDRAS CF 1

Categoría cadete
División de Honra, 12ª xornada: VICTORIA CF - CADETE, mañá domingo 3 de decembro ás 10:00 na Grela 1 (A Coruña)
División de Honra, 12ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 2 (Nico e Héctor) - UD OURENSE 1

Categoría infantil
División de Honra, 11ª xornada: INFANTIL 5 (Eder, Miguel, Raúl -2- e Daniel López) - ESCOLA FÚTBOL DSF 1
División de Honra, 11ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Gandarela e Pablo Barral) - AJ LÉREZ 1

Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 3ª xornada (martes 28 de novembro): ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1 - ALEVÍN A 3 (Enzo Bértoa -2- e Álvaro Gómez)
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 7ª xornada: ALEVÍN A 3 (Hugo Macedo -2- e David Gómez)- URAL ESPAÑOL CF 2
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 7ª xornada: CF DEPORTIVO ORZÁN 0 - FABRIL FC ALEVÍN 12 (Hugo Bujía -2-, Hugo Álvarez -3-, Miguel Candal -4-, Alejandro Astray e Hugo Quintela -2-)

Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 3ª xornada (martes 28 de novembro): BENXAMÍN A 9 (Leo Lorenzo -3-, Alberto Novo -3-, Mateo Cardelle, Álex Casado e Antón Fernández) - URAL ESPAÑOL CF 2
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 7ª xornada: VICTORIA CF 0 - BENXAMÍN A 4 (Yago Prieto, Alberto Novo, Leo Lorenzo e Antón Fernández)

Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º, 3ª xornada (martes 28 de novembro): FABRIL FC BENXAMÍN 8 (Leo Galván -2-, Nico Castro -2-, Joel Losada -2-, Martín Coronel e Martín Martelo) - SPORTING CAMBRE 2
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º, 7ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Leo Galván y Martín Martelo)

/* Bot imbee */