RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Sam Piette, citado por Canadá para unha eliminatoria oficial ante México

  O mediocentro fabrilista Sam Piette foi convocado por Canadá para unha eliminatoria ante México, clasificatorio para o Mundial. O partido de ida, para Piette, será o venres 25 de marzo en Vancouver; e a volta o martes 29 en

Fayçal, preconvocado por Marrocos
 
Fayçal Fajr foi preconvocado por Marrocos para unha eliminatoria ante Cabo Verde, clasificatoria para a Copa de África 2017.
 
O partido de ida será o sábado 26 de marzo en Cabo Verde e a volta, o martes 29 en Marrocos.
 
Nos próximos días, a Federación Marroquí de Fútbol dará a coñecer a listaxe definitiva.
 
Borges, con Costa Rica
 
Celso Borges regresa tras superar a súa lesión á selección de Costa Rica para disputar dous partidos oficiais, clasificatorios para o Mundial de Rusia 2018, durante este mes de marzo.
 
Así, a selección costarriqueña visitará a Xamaica en Kingston o venres 25 de marzo. Catro días máis tarde, o martes 29, será o partido de volta, en San José.
 
O mediocentro deportivista viaxará á concentración o domingo 20 de marzo, tras o partido en Riazor ante o Levante, previsto para o sábado 19 de marzo (20.30 horas, Canle + Liga / Abono Fútbol).