A dianteira do Deportivo ABANCA Nuria Rábano está concentrada coa selección española sub-20, na Copa do Mundo da categoría, que se celebra na Bretaña francesa.
A segunda cita de España será mañá xoves 9 de agosto fronte a Xapón, ás 16:30 horas no estadio Guy-Piriou (Concarneau).
A selección debutou no torneo o pasado luns 6 de agosto ante Paraguai, tamén en Concarneau. O partido foi de claro dominio español (4-1) e mesmo o marcador puido ser máis avultado, a tenor das ocasións desperdiciadas polo equipo nacional. Nuria Rábano seguiu o choque no banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo.
Este equipo nacional intégrano o groso de xogadoras que o pasado verán proclamáronse campioas de Europa sub-19, título que este ano revalidou de novo España, esta vez coas deportivistas Teresa Abelleira e Malena.
O calendario de España no grupo C, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:
Luns 6 de agosto PARAGUAI 1 - ESPAÑA 4
Xoves 9 de agosto 16:30: ESPAÑA - XAPÓN, no estadio Guy-Piriou (Concarneau)
Luns 13 de agosto 13:30: ESPAÑA - ESTADOS UNIDOS, no estadio Clos Gastel (Dinan/Léhon)
Os dous primeiros de cada grupo avanzan ás eliminatorias, que comezan en cuartos de final.