Segundo partido esta noite para Michi Apóstol na Fase Final do Campionato Suramericano sub-20
Michi Apóstol está concentrada coa selección venezolana sub-20 no Campionato Suramericano que se disputa durante este mes en Guayaquil (Ecuador).
Esta noite en España (23:00 horas) a atacante deportivista disputará o seu segundo partido desta Fase Final. Será ante Colombia no Estadio Alberto Spencer Herrera.
Ambos os conxuntos xa se viron as caras na Primera Fase do torneo, nun choque que acabou con triunfo (4-1) colombiano.
A futbolista branquiazul iniciou na madrugada do pasado mércores en España ante Paraguay esta Fase Final.
As paraguaias accederon como campioas do grupo A mentres que as venezolanas como terceiras clasificadas do grupo B.
A atacante deportivista xogou completo un encontro saldado con derrota de Venezuela (2-0).
Os rivais na Primera Fase da 'Vinotinto' foron Bolivia, Colombia, Brasil e Chile. Michi Apóstol xogou completos os 4 partidos.
Neles, Venezuela gañou a Bolivia (6-0) e Chile (1-0); e caeu con Brasil (1-2) e o citado ante Colombia (4-1). A futbolista branquiazul anotou 1 gol ante Bolivia e ademais deu unha asistencia.
O calendario de partidos das venezolanas no Campionato Suramericano, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Venres 12 de abril VENEZUELA 6 - BOLIVIA 0
Mércores 17 de abril COLOMBIA 4 - VENEZUELA 1
Venres 19 de abril VENEZUELA 1 - BRASIL 2
Sábado 20 de abril VENEZUELA 1 - CHILE 0
Fase Final Mércores 24 de abril PARAGUAY 2 - VENEZUELA 0
Venres 26 de abril 23:00: COLOMBIA - VENEZUELA
Michi Apóstol é unha dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Lucía Rivas, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado tamén con Venezuela.