RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Semana de torneos e partidos amigables desde mañá martes para #ANOSACANTEIRA

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA teñen partido amigable esta semana: Xuvenil A e Alevín B. No caso do Xuvenil A, o choque servirá de preparación para os oitavos de final da Copa do Rei ante o Athletic Club, cuxo partido de ida xogarase o domingo 13 de maio ás 12:00 en Abegondo.

Ademais están previstos torneos amigables para Cadete A (en Nantes), Infantil B (no Municipal de Laracha), Alevín B e Benxamín B (ambos na localidade lucense de Sarria).

O calendario de partidos é o seguinte:

Categoría xuvenil
Amigable: XUVENIL A - CERCEDA (Segunda División B), o mércores 2 de maio ás 17:00 en Abegondo (campo 5)

Categoría cadete
Mondial Cup 2018 en Nantes
Primeira Fase
Venres 4 de maio
9:30: STEAUA BUCAREST - CADETE A
12:30: CADETE A - STADE RENNAIS FC
16:00: CADETE A - SCO ANGERS

Todos os equipos pasan á seguinte fase, que, por sistema de eliminatoria e segundo clasificación desta Primeira Fase, xogarase o sábado 5 de maio.

Categoría infantil
Torneo Laracha CF, no Municipal de Laracha
Martes 1 de maio
9:30: SAN TIRSO - INFANTIL B (campo 1)
11:30: INFANTIL B - BERGANTIÑOS (campo 2)
13:30: SPORTING CORUÑÉS - INFANTIL B (campo 2)

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogan a continuación.

Categoría alevín
AFE Mijas Cup en Mijas (Málaga)
Martes 1 de maio
Primeira Fase
11:30: SEVILLA - ALEVÍN A
12:50: GETAFE - ALEVÍN A

Segundo clasificación, pásase a unha Fase Final polo título ou ben a unha Fase de Consolación, todo iso acto seguido.

Torneo SD Sarriana no campo da Ribela (Sarria)
Martes 1 de maio
Primeira Fase
11:35: BURELA - ALEVÍN B (campo 3)
12:50: ALEVÍN B - SARRIANA A (campo 2)
16:10: ALEVÍN B - FRANCISCANA (campo 2)

Os dous primeiros pasan a cuartos de final, que se xogan a continuación.

Amigable: ALEVÍN B - EFM BOIRO, o xoves 3 de maio ás 19:00 en Abegondo (campo de herba sintético)

Categoría benjamín
Torneo SD Sarriana no campo da Ribela (Sarria)
Martes 1 de maio
Primeira Fase
11:10: BENXAMÍN B - SAGRADO CORAZÓN
13:15: BENXAMÍN B - SARRIANA A

Os dous primeiros equipos pasan a cuartos de final.