RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Tempo para a estratexia pero tamén para a diversión esta mañá en Abegondo

Como é habitual dous días antes de cada partido, o Deportivo rebaixou a intensidade do adestramento esta mañá en Abegondo.

Así, Borja Jiménez dispuxo un ensaio de accións a balón parado (saques de esquina...) como a tarefa principal da xornada. Rafa de Vicente, en rolda de prensa, alertaba antes de saltar ao céspede que neste tramo final de liga e especialmente no playoff de ascenso, "calquera detalle pódeche prexudicar".

Pero tamén houbo tempo para a diversión. Os técnicos prepararon unha serie de xogos de habilidade con pelotas grandes de ximnasio cos que os futbolistas gozaron de xeito abondo.

Ximnasio e fisioterapia completaron a penúltima sesión antes da visita do CD Tudelano a ABANCA-RIAZOR prevista para o sábado 14 de maio ás 17:00 (TVG-2, Footters e Fuchs-Sports).

Víctor e Álvaro Rey, este con molestias nun aductor pendentes da súa evolución, adestráronse á marxe; mentres que Noel, Trilli, Yeremay e Alberto foron a representación de #ANOSACANTEIRA.

Mañá venres, o Dépor adestrarase en ABANCA-RIAZOR nunha sesión a porta pechada a partir das 9:45 horas.