RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Tres bos triunfos na canteira nesta xornada dominical

  En Terceira División, o Fabril impúxose ao Vilalonga -2-1) en Abegondo. Desta forma, os pupilos de Cristóbal encadean dous triunfos consecutivos, tras o conseguido o pasado domingo en Órdenes, e acceden á zona alta da clasifica

Hoxe domingo lograron ademais o tres puntos o Cadete B na Coruña e o Infantil B en Oleiros. Pola súa banda, o Dépor Feminino B pagou cun empate (1-1) os seus frouxos primeiros minutos ante a Vitoria B.
 
Onte sábado xogaron en Abegondo o Xuvenil B (empate co Santa Mariña) e o Cadete A (triunfo ante o Ural); e lonxe da cidade deportiva o Xuvenil A (empate en Lugo) e o Infantil A (triunfo sobre a Vitoria). 
 
Por outra banda, o Benjamín A iniciou a competición ligueira onte sábado 1 de outubro, na Primeira Comarcal. Derrotou (0-9) no campo da Lavandeira do Burgo ao Sporting Burgo.
 
Falta só tres equipos da canteira deportivista por arrincar as competicións oficiais: Alevín A, Alevín B e Benjamín B. O tres farano a próxima semana.
 
Os resultados do fin de semana foron os seguintes:
 
Terceira División
 
FABRIL 2 (Óscar e Blas) - VILALONGA 1
 
Categoría Feminina
 
Primeira División Autonómica: DEPORTIVO FEMININO B 1 (Natalia) - VITORIA B 1
 
Categoría Xuvenil
 
División de Honra: LUGO 0 - XUVENIL A 0
 
Liga Nacional: XUVENIL B 2 (Vermello e Muri) - SANTA MARIÑA 2
 
Categoría Cadete
 
División de Honra: CADETE A 2 (Pichu e Dani) - URAL 1
 
Liga Galega, grupo 1º: VITORIA B 1 - CADETE B 3 (Mario, Fito e Rares)
 
Categoría Infantil
 
Liga Galega, grupo 1º: VITORIA 0 - INFANTIL A 9 (Álvaro -2-, Noel, Fika, Jairo -2-,  Dani, Axel e un futbolista rival en propia meta)
 
Primeira Autonómica, grupo 1º: OBREIRO 0 - INFANTIL B 8 (Hugo Baldomar -3-, Quique -2-, Iván, Álvaro e Dani)
 
Categoría Benjamín
 
Primeira Comarcal A Coruña, primeira xornada: SPORTING BURGO 0 - BENJAMÍN A 9 (Jairo -3-, Bruno -2-, Álex -2-, Pablo Fernández e Eli)