RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Tres partidos con tres líderes de ANOSACANTEIRA xóganse mañá sábado en Abegondo

#ANOSACANTEIRA encara unha nova fin de semana de competición neste caso co domingo 21 como día destacado.

Antes, mañá sábado 20, xóganse 3 partidos en Abegondo: o Xuvenil B ante o Porriño Industrial FC (16:30), o Cadete ante o Arosa SC (11:00) e o Infantil ante a UD Santa Mariña (12:30). Os 3 equipos branquiazuis lideran as súas respectivas competicións.

Os cadetes branquiazuis Rodrigo, Gabri Trigo, Janusz, Nico Ruiz, Pablo García, Íker Fernández e Miguel de Labra estiveron convocados coa selección galega sub-16 para un amigable ante o CD Conxo Santiago de Liga Nacional xuvenil o pasado mércores 17 no campo de San Mamed en Vedra. 

Así mesmo, Lucas López, Eder, Nico, Nikolay e Sergio Cortizo, do infantil do Dépor, participaron coa selección galega sub-14 nun adestramento o martes 16 no Novo Municipal da Estrada.

No Monte o San Tirso SD Infantil enfróntase ao Ural Español CF (10:30) e en La Torre, o Orzán SD Cadete Femenino, líder da Liga Galega, ao Sporting Cambre (16:00).

Antón Vilariño e Hugo Ferreiros representaron ao San Tirso SD Infantil o martes 16 no citado adestramento da selección galega sub-14.

Fóra de casa, un San Tirso SD Cadete que colleu aire na División de Honra coa súa vitoria a pasada fin de semana ante o Rápido de Bouzas xoga en Ferrol (12:00), o Orzán SD Infantil A Femenino en Cee (12:00) e o Orzán SD Infantil B Femenino na Coruña ante o Victoria CF (10:00).

Nos 'verdes', Mauro e Samba estiveron coa selección galega sub-16 no amigable de Vedra ante o CD Conxo Santiago xuvenil.

Así mesmo, a goleadora orzanista Claudia Sande estivo coa selección galega sub-15 nun adestramento hoxe mércores 17 de xaneiro no campo da Braña, en Rois; ao que acudiron tamén Daniela Macedo e Antía Veiga. 

A xornada complétana os partidos do Fabril FC Alevín (11:00) e do Benxamín A (13:30) na Torre na competición de fútbol 8.

O domingo 21 destacan os partidos dos dous filiais.

O Fabril, que derrotou o pasado domingo ao Real Avilés Industrial e empolicouse á zona media da táboa de Segunda Federación, visita este domingo ao Rayo Cantabria, ás 16:00 no Municipal de Bezana (Cantabria).

Pola súa banda, o Dépor ABANCA B enfróntase en Santiago de Compostela ao Victoria FC a partir das 12:00.

As deportivistas, a pesar do empate da pasada xornada, mantéñense na 2ª praza de Tercera Federación FutFem, iso si, algo distanciadas do liderado que ostenta o Real Avilés CF.

Emma Gandoy, Laura Santos, Noelia Mayo, Elena Vázquez, Lucía Rivas, Macarena González e Sara Cercido participaron coa selección galega sub-17 nun adestramento onte martes 16 de xaneiro no campo da Braña en Rois.

Ademais, o Xuvenil A cítase (10:00) en Santa Isabel coa SD Compostela, un rival da zona alta da táboa. Será o último partido de liga antes de xogar en Abegondo os oitavos de final da Copa del Rey ante a UD Las Palmas o mércores 24 ás 19:00 en Abegondo (Youtube RC Deportivo), a partido único.

A xornada da fin de semana a completa o Orzán SD Xuvenil Femenino en Ribadumia ante o Umia CF B (18:00), o Orzán SD B sub-16 Femenino na Torre ante o SCD Pastoriza (16:00) e o choque do Alevín A ante o Silva SD, tamén na Torre (10:30), neste caso do subgrupo 1º de Primera A Coruña de fútbol 8.

Para o martes 23 queda en Abegondo o partido do Fabril FC Benxamín e o San Tirso SD pertencente ao subgrupo 2º de Primera A Coruña de fútbol 8.

O calendario de partidos é o seguinte:

Categoría feminina
16ª xornada: VICTORIA FC - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 21 de xaneiro ás 12:00 en Santa Isabel (Santiago de Compostela)
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF, 43 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 32 puntos; 3. Olímpico de León, 30 puntos; 4. Sárdoma CF e Lóstrego CF, 28 puntos... 9. Victoria FC, 20 puntos...

16ª xornada: UMIA CF B - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO, o domingo 21 de xaneiro ás 18:00 no campo da Bouza (Barrantes, Ribadumia)
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Bergantiños CF, 35 puntos; 2. SD O Val, 30 puntos; 3. Orzán SD Xuvenil Femenino e Lóstrego CF B, 28 puntos; 5. Atlético Arousana, 26 puntos; 6. Umia CF B, 22 puntos...

16ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO - SCD PASTORIZA, o domingo 21 de xaneiro ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Segunda Autonómica: 1. SCD Pastoriza, 37 puntos... 8. UD Carral, Xallas FC e UC Cee, 21 puntos; 11. Orzán SD B sub-16 Femenino e Cultural Maniños, 18 puntos; 13. Silva SD, 15 puntos...

16ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMENINO - SPORTING CAMBRE, o sábado 20 de xaneiro ás 16:00 na Torre (campo 2)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 42 puntos; 2. Victoria CF, 39 puntos... 7. Sporting Cambre, 20 puntos...

16ª xornada: UC CEE - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO, o sábado 20 de xaneiro ás 12:00 no campo Sampaio de Refoxos (Cee)
16ª xornada: VICTORIA CF - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO, o sábado 20 de xaneiro ás 10:00 no campo Víctor Fernández Alonso (A Coruña)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Victoria CF, 40 puntos; 2. Orzán SD Infantil A Femenino, 38 puntos; 3. Racing de Ferrol e Victoria FC, 34 puntos... 8. UC Cee, 19 puntos... 11. Sporting Burgo, 13 puntos; 12. Orzán SD Infantil B Femenino e AD Cristo Rey, 7 puntos; 14. Club Rosalía Mera, 3 puntos...

Segunda Federación
19ª xornada: RAYO CANTABRIA - FABRIL, o domingo 21 de xaneiro ás 16:00 no Municipal de Bezana (Cantabria)
Clasificación: ... 6. SD Compostela, Rayo Cantabria e Coruxo FC, 27 puntos; 9. Racing Villalbés, 25 puntos; 10. Real Valladolid Promesas, 23 puntos; 11. Fabril, Marino de Luanco e Real Avilés Industrial, 21 puntos; 14. Real Oviedo Vetusta, 18 puntos...

Categoría xuvenil
17ª xornada: SD COMPOSTELA - XUVENIL A, o domingo 21 de xaneiro ás 10:00 en Santa Isabel (Santiago de Compostela)
Clasificación da División de Honra: 1. Real Oviedo, 39 puntos; 2. Real Racing Club, 37 puntos; 3. RC Celta, 36 puntos; 4. Xuvenil A, 35 puntos; 5. SD Compostela, 28 puntos...

19ª xornada: XUVENIL B - PORRIÑO INDUSTRIAL FC, o sábado 20 de xaneiro ás 16:30 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 49 puntos; 2. RC Celta B, 42 puntos... 14. Porriño Industrial FC, 19 puntos...

Categoría cadete
17ª xornada: CADETE - AROSA SC, o sábado 20 de xaneiro ás 11:00 en Abegondo
17ª xornada: RACING DE FERROL - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 20 de xaneiro ás 12:00 na Gándara 1 (Ferrol)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 46 puntos; 2. RC Celta, 40 puntos... 4. Arosa SC, 31 puntos... 12. Rápido de Bouzas e Pabellón Ourense CF, 15 puntos; 14. San Tirso SD Cadete, 13 puntos; 15. UD Ourense, Victoria CF e Atlético Coruña Montañeros CF, 11 puntos; 18. Racing de Ferrol, 7 puntos

Categoría infantil
15ª xornada: INFANTIL - UD SANTA MARIÑA, o sábado 20 de xaneiro ás 12:30 en Abegondo
15ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - URAL ESPAÑOL CF, o sábado 20 de xaneiro ás 10:30 no Monte (San Tirso)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 42 puntos; 2. RC Celta, 37 puntos... 7. CD Areosa e Escola Fútbol DSF, 20 puntos; 9. San Tirso SD Infantil, 19 puntos; 10. Arosa SC e Ural Español CF, 16 puntos...

Categoría alevín
11ª xornada: SILVA SD - ALEVÍN A, o domingo 21 de xaneiro ás 10:30 na Torre (campo 4)
11ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - CD CALASANZ, o sábado 20 de xaneiro ás 11:00 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Alevín A, 30 puntos; 2. Fabril FC Alevín, 27 puntos; 3. CD Calasanz, 20 puntos... 8. Silva SD, 7 puntos...

Categoría benxamín
11ª xornada: BENXAMÍN A - OZA JUVENIL SD, o sábado 20 de xaneiro ás 13:30 na Torre (campo 4)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Benxamín A e Victoria CF, 24 puntos; 3. Ural Español CF, 21 puntos... 9. Oza Juvenil SD, 0 puntos

11ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - SAN TIRSO SD, o martes 23 de xaneiro ás 18:45 en Abegondo
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Benxamín, 30 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz, 21 puntos... 7. San Tirso SD, 10 puntos...