O Infantil B sumou 3 novos puntos ao imporse (5-1) en Abegondo ao Sporting Cambre, en choque correspondente á 3ª xornada no grupo 1º da Primeira Autonómica.
Mardones, Martín, Hodei, Rubén e un futbolista rival en propia meta foron os autores dos goles branquiazuis.
Con este resultado, o Infantil B suma 9 puntos de 9 posibles, á fronte da clasificación.
Infantil B: Hugo, Diego, Miguel, Rubén, Óscar, Marco Baña, Meki, Pedre, Mardones, Martín e Hodei. Tamén xogaron: Bruno, Xenxo e Marcos.
A próxima fin de semana, o Infantil B visita na Coruña ao Victoria B.
A temporada marcha así para o Infantil B:
Santa María del Mar 3 - Infantil B 6 (Eli, Bruno -2-, Mardones, Óscar e Hodei) Infantil B 10 (Óscar, Marco Baña -2-, Xenxo, Carballo -4-, Hodei e Rubén) - San Cristóbal 0 Infantil B 5 (Mardones, Martín, Hodei, Rubén e un futbolista rival en propia meta) - Sporting Cambre 1