RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Última semana de liga para o Dépor que concluirá o sábado en Pasarón

Certificada a presenza no playoff de ascenso a Segunda División, o Dépor afronta desde mañá martes a última semana de liga, que concluirá o vindeiro sábado 27 de maio ás 19:30 en Pasarón ante o Pontevedra CF.

Os Nosos chegan a esta última cita ligueira en 4ª posición con 66 puntos, os mesmos que o Real Madrid Castilla (3º). Por diante marchan o AD Alcorcón (2º con 71 puntos) e Racing de Ferrol (líder con 72 puntos).

Co RC Celta B xa distanciado (5º con 59 puntos), deportivistas e madridistas xogaranse nesta última xornada a 3ª praza, que permitirá no playoff xogar o partido de volta en ABANCA-RIAZOR e pasar á seguinte rolda en caso de empate após prórroga.

Rubén de la Barrera dispuxo 5 sesións de traballo matinais até o sábado, día do partido, incluído. Catro delas serán na Cidade Deportiva e a do mércores 24 en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada.

Cada día que haxa actividade en Abegondo, o cadro está citada para almorzar ás 9:00 horas.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 23 de maio
10:30 h., en Abegondo

Mércores 24 de maio
10:30 h., en ABANCA-RIAZOR

Xoves 25 de maio
10:30 h., en Abegondo

Venres 26 de maio
10:30 h., en Abegondo

Sábado 27 de maio
10:30 h., en Abegondo
19:30: Pontevedra CF - Deportivo, en Pasarón