RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Un competitivo Cadete acaba quinto clasificado no Torneo do Algarve

O Cadete branquiazul, campión do subgrupo A da División de Honra a falta de dúas xornadas, participou desde o pasado venres nun Torneo Internacional no Algarve, que se xogou nas localidades lusas de Albufeira e Silves.

O equipo que prepara Darío Cotelo quedou encadrado na Primeira Fase no grupo B con estes rivais: ISR e Football Ambitions (Países Baixos), Sporting CP (Portugal), KS Górnik Zabrze (Polonia), Vasalunds IF (Suecia) e KRC Genk (Bélxica).

Onte sábado, os branquiazuis gañaron 2 partidos e só foron superados polo KRC Genk. A primeira xornada do venres saldouse con 2 vitorias, unha delas de pompa ante o Sporting CP, e un empate sen goles.

Con estes resultados, o Cadete acabou a primeira fase en terceira posición con 13 puntos, só por detrás do KRC Genk e do Sporting CP.

Hoxe domingo, na pelexa pola quinta praza, o conxunto deportivista impúxose por 1-0 ao Imortal DC de Portugal e ao Football Ambitions de Países Baixos; co que logrou esa destacada posición.

O Cadete demostrou a súa competitividade neste torneo que reuniu a algunhas das mellores canteiras de España, Portugal e Europa. Os branquiazuis gañaron 6 partidos, empataron 1 e perderon 1; cun total de 10 goles a favor e tan só 3 en contra.

Os resultados do Cadete foron os seguintes:

Venres 11 de marzo
ISR 0 - CADETE 3 (Lucas Taibo, Samuel e Mesfin)
CADETE 1 (Mesfin) - SPORTING CP 0
CADETE 0 - KS GÓRNIK ZABRZE 0

Sábado 12 de marzo
VASALUNDS IF 0 - CADETE 3 (Dani Estévez, Jorge García e Mesfin)
CADETE 0 - KRC GENK 3
FOOTBALL AMBITIONS 0 - CADETE 1 (Oreiro)

Domingo 13 de marzo
Posicións do 5º ao 8º
CADETE 1 (Lucas Taibo) - IMORTAL DC 0
CADETE 1 (Oreiro) - FOOTBALL AMBITIONS 0

Debido a este torneo, o encontro da fin de semana correspondente á 21ª xornada de liga do Cadete ante o CD Lugo en Abegondo xogarase este martes 15 de marzo ás 18:30.