RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Un Dépor "que asimila, que ten ganas de aumentar as súas posibilidades" ultimou esta mañá o plan de partido para Pasarón

O Deportivo ultimou esta mañá o seu plan de partido para o peche da liga no grupo 1º de Primera Federación, mañá sábado 27 de maio ás 19:30 en Pasarón ante o Pontevedra CF (TVG-2, g24.gal e InSports.tv).

Con Pablo Martínez con traballo personalizado, os demais futbolistas estiveron a disposición de Rubén de la Barrera, ademais dos canteiráns Dani Barcia e David Mella.

"Parece que estamos a meter moitas cosas pero isto é adecuarse tamén ao ritmo de asimilación deles. E é un vestiario que asimila, que ten ganas de aumentar en posibilidades e iso aproveitámolo", comentou o adestrador branquiazul na rolda de prensa previa ao choque.

"Nós como staff, independentemente do momento e das ganas por conseguir resultados, estamos a gozar moito esta semana que estamos por aquí", engadiu o técnico coruñés ante os medios de comunicación.

Unha serie de exercicios tácticos, algún deles co cadro dividido en dous grupos en dous campos diferentes; e unha tarefa de partidos en espazo reducido completaron a mañá sobre o céspede.

Mañá sábado, día do partido en Pontevedra, o Dépor realizará na Cidade Deportiva unha suave sesión de activación a partir das 10:30, con almorzo previo para o cadro a partir das 9:00.

Ao concluír, Rubén de la Barrera dará a lista de convocados para o partido de pola tarde en Pasarón.