RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Un domingo pleno de vitorias pecha a fin de semana en #ANOSACANTEIRA

O derbi da División de Honra entre o Celta e o Xuvenil A de onte sábado na Madroa (Vigo) foi o partido máis destacado da fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

O encontro púidose seguir en directo por televisión a través de Gol. Os deportivistas sufriron unha dolorosa derrota (2-1) que complica o título e que ademais mete ao Celta na loita pola segunda posición.

En Segunda División B, un Fabril reforzado polo xusto triunfo do pasado domingo ante o Navalcarnero, venceu (0-1) esta tarde en Guijuelo, con gol de Edu Expósito. Os fabrilistas achéganse á cabeza da táboa.

Ademais do Xuvenil A, competiron fóra de casa hoxe domingo o Deportivo ABANCA B (0-4 na Coruña ante o Victoria CF B) e o Alevín A (1-5 en Ferrol ante o EF Racing de Ferrol); e outro tres equipos onte sábado en Vigo: Xuvenil B (1-2 ante o Santa Mariña), Cadete A (1-3 ante o Areosa) e Infantil A (derrota 3-2 ante o Areosa).

Do resto de categorías sobresae o partido entre o Benxamín A, líder da Segunda Fase da Primeira Comarcal, fronte ao Ural A, segundo clasificado. Gañou o Dépor (2-1), que avantaxa desta forma en 8 puntos ao seu inmediato perseguidor: 33 os deportivistas por 25 os uralistas.

A xornada arrancou o pasado xoves en Abegondo coa visita do Obrero ao líder Infantil B, en partido correspondente á 29ª xornada da Primeira Autonómica, grupo 1º. A contundente vitoria foi deportivista (12-0).

O venres 16 a quenda foi para o Cadete B, que recibiu ao San Tirso, dominador do grupo 1º da Liga Galega e xusto vencedor en Abegondo (0-5).

Precisamente o San Tirso, que camiña firme cara ao título e ascenso á División de Honra, está formado por futbolistas do Dépor que compiten esta temporada coas súas cores, en virtude dun convenio de colaboración entre os dous clubs.

Esta fin de semana tocou descanso para o Benxamín B.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
30ª xornada: GUIJUELO 0 - FABRIL 1 (Edu Expósito)

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 24ª xornada: VICTORIA CF B 0 - DEPORTIVO ABANCA B 4 (Vero, Michelle, Alba Suárez e Ainhoa)

Categoría xuvenil
División de Honra, 27ª xornada: CELTA 2 - XUVENIL A 1 (Pedro)

Liga Nacional, 26ª xornada: UD SANTA MARIÑA 1 - XUVENIL B 2 (Pichu -2-)

Categoría cadete
División de Honra, 26ª xornada: AREOSA 1 - CADETE A 3 (Mario, Fito e Concheiro)

Liga Galega, grupo 1º, 26ª xornada: CADETE B 0 - SAN TIRSO 5

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 9ª xornada: AREOSA 3 - INFANTIL A 2 (Hugo Baldomar e Quique)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 29ª xornada: INFANTIL B 12 (Trigo -4-, Zerfu -3-, Pablo -2-, Dani -2- e Baña) - OBRERO 0

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, 6ª xornada: EF RACING DE FERROL 1 - ALEVÍN A 5 (Guerrero -3-, Ayana e Carballo)

Segunda Fase, grupo 1ª, 8ª xornada: XESUITINAS 0 - ALEVÍN B 9 (Xenxo -2-, Marcos -2-, Erick, Dani, Eli, Bruno e Jairo)

Categoría benxamín
Segunda Fase da Primeira Comarcal, 11ª xornada: BENXAMÍN A 2 (Pablo e Diego) - URAL A 1