Valioso triunfo do Fabril FC Benxamín para abrir 2022
O Fabril FC Benxamín abriu o ano 2022 cun valioso triunfo (2-6) ante o Ural Español CF, en partido correspondente á 3ª xornada no subgrupo A de Primeira A Coruña.
Thiago López -2-, Miguel Candal -2-, Álvaro Rodríguez e Mateo Carballeira foron os autores dos goles fabrilistas.
Con este resultado, o Fabril FC Benxamín suma 6 puntos de 9 posibles.
Fabril FC Benxamín: Brais Araújo, Javier Meiriño, Bruno Abelenda, Thiago López, Miguel Candal, Hugo Bujía, Hugo Quintela e Pablo Sánchez. Tamén xogaron: Mateo Carballeira, Alejandro Astray, Carlos Dans e Pablo Sánchez.
A próxima fin de semana, o Fabril FC Benxamín mídese ao Benxamín A deportivista.
Os resultados do equipo fabrilista até a data son os seguintes:
Orillamar SD 0 - Fabril FC Benxamín 4 (Miguel Candal -2- e Hugo Quintela -2-) Fabril FC Benxamín 1 (Álvaro Rodríguez) - Atlético Coruña Montañeros CF 4 Ural Español CF 2- Fabril FC Benxamín 6 (Thiago López -2-, Miguel Candal -2-, Álvaro Rodríguez e Mateo Carballeira)