RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor e Juanfran aseguran que o Dépor viaxa a Málaga ''preparado para un partido moi complicado''

Víctor Sánchez do Amo cre que o partido de mañana sábado ás 22.05 na Rosaleda de Málaga (TVE) "vai ser un partido moi complicado porque un equipo (o Málaga) que lle está custando sumar puntos vese na n

Nesta liña, prevé o técnico deportivista un partido ante un equipo que reaccione, "primeiro porque ten potencial importante; porque é un equipo de Primeira División española e iso dálle o máximo nivel; porque é un equipo que ten un corpo técnico que xa demostrou o ano pasado que é capaz de traballar moi ben aos seus equipos e ter moita orde e xerar moitas situacións de gol".

Advirte Víctor que o Deportivo "vai preparado para un partido moi complicado, porque esperamos un equipo que ten capacidade de reacción e quere sacala a reducir desde xa".
 
Recalca que "o que máis nos importan non son os puntos, senón a liña do equipo, a liña de xogo, as sensacións, a confianza que ten o equipo tanto dentro como fóra de casa. Tivemos circunstancias nas que se nos escaparon puntos facendo ao noso entender bos partidos. É imposible a regularidade durante o noventa minutos, porque aínda que nos pareza mentira, os rivais tamén queren gañar eses puntos, tamén xogan o partido e teñen os seus momentos de dominio, as súas alternativas".
 
 
Pola súa banda, Juanfran, tamén en rolda de prensa, subliñou que "hai que seguir traballando ben porque o que temos custounos moito".
 
Opina que é "moi enganosa" a clasificación do Málaga. "As cousas fíxoas moito mellor do que a clasificación di. Xogou contra equipos moi bos e é un rival que hai que respectar", conclúe.
 
Subliña que agarda sobre o céspede da Rosaleda "un partido táctico. Temos que facer as cousas moi ben. Traballamos e témolo ben preparado. Seguro que as cousas saen moi ben".