RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor: Necesitamos o cento por cento noso para sacar un resultado positivo de alí

Víctor Sánchez do Amo aprovechó última rolda de prensa da semana para agradecer aos 1.100 deportivistas o seu apoio mañana sábado nas bancadas de San Mamés, no partido ante o Athletic Club (22.00 horas, Cat

"En primeiro lugar darlle as grazas. Ese apoio é fantástico e de moitísima axuda para o equipo. Xa o vivimos no partido contra o Vilarreal en Riazor, a inmensa enerxía positiva que traspasou a afección ao equipo durante o noventa minutos. Unha pena que non servise para conseguir a vitoria. Témoslle que dar as grazas a toda a xente que se vai a desprazar a Bilbao e a xente que se vai a quedar aquí, animando desde casa. Nós imos loitar con todas as nosas forzas para darlles o que máis merecen, que é unha vitoria".

Do Athletic Club, o técnico deportivista cre que "superou a fochanca que tivo na metade de tempada. No tramo final está en moi boa liña. Clasificado para a final de Copa e conseguindo resultados moi bos".

Advirte Víctor que hai "máximo respecto por un rival que está a pelexar por Europa, vai disputar unha final (a da Copa do Rei ante o FC Barcelona). Preparamos o partido tendo éso en conta, conscientes de que necesitamos o cento por cento noso para sacar un resultado positivo de alí. Non podemos despistarnos, nin baixar o nivel nin de atención nin de esforzo porque se o facemos non poderemos dar o rendemento necesario para competir ben".

Pola súa banda, Luisinho asegurou, tamén en rolda de prensa, que os "xogadores somos conscientes que non podemos fallar. Só nos valen o tres puntos".

É máis, insiste o futbolista luso que "un empate pode ser curto, porque só temos 30 puntos. Temos despois un partido moi difícil co Levante e co Barcelona. Agora máis que nunca non podemos pensar no empate. Hai que pensar no tres puntos".