RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Zas continuará un ano máis, do 25 ao 29 de xuño, acollendo un dos DéporCampus Cabreiroá

Zas volverá organizar un dos DéporCampus Cabreiroá, o primeiro do verán de 2018 xunto a Ordes e Ourense, grazas á colaboración entre o RC Deportivo, as Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz e o consistorio zaense.

Á presentación do DéporCampus Cabreiroá 2018 de Zas acudiron Manuel Muíño Espasandín (alcalde de Zas), Óscar Lema Romero (concelleiro de Deportes) e Manolo Corredoira (coordinador do DéporCampus Cabreiroá 2018 de Zas). En representación do RC Deportivo participou Pablo Barros, director dos DéporCampus.

O concello da Terra de Soneira repite experiencia nos DéporCampus Cabreiroá despois da súa estrea en 2017 cunha quenda, do 25 ao 29 de xuño. O Campo de Fútbol Platas Reinoso, moi preto da localidade de Baio, será a sede deste DéporCampus Cabreiroá, cuxas inscricións están abertas a nenas e nenos de entre 6 e 14 anos e poderán realizarse até o mediodía do xoves 21 de xuño.

Os DéporCampus Cabreiroá creceron de forma exponencial desde a chegada do actual consello de administración do RC Deportivo. Dun campus cunha única sede e menos dun centenar de nenos e nenas en 2013 pasáronse ás actuais 14 localizacións. Este verán estréanse 5 sedes: Ourense, Cuntis, Dumbría, Boiro e Camargo (Cantabria), que se suman ás xa existentes en Abegondo, Viveiro, Bertamiráns, Caranza, Monforte, As Pontes, Ordes, Zas e Xenebra (Suíza).

Podes atopar toda a información dos DéporCampus Cabreiroá en deporcampus.rcdeportivo.es/gl