RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Bruno Gama, novidade na lista de convocados para recibir a Osasuna

Gaizka Garitano citou a 18 futbolistas para recibir mañá domingo (18.30, Bein Sports) ao Osasuna en Riazor. A novidade na convocatoria é o regreso de Bruno Gama, que onte recibiu a alta médica.

No adestramento desta mañá no campo 2 da cidade deportiva, coa única baixa de Laure e a presenza do fabrilista Hugo Díaz, o corpo técnico incidiu na posesión; e os centros e remates.

Un partido 'once para once' de 20 minutos de duración puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Os xogadores convocados concéntranse mañá domingo ás 13.30 horas no Hotel Meliá María Pita.

Tras o choque ante Osasuna, os xogadores adestraranse de novo en Abegondo o luns 19 de decembro ás 10.30 horas.