RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Forza e intensidade, esta mañá en Abegondo, xa con Sidnei no grupo

Cun intenso frío, aínda que con sol, o Deportivo entreouse esta mañá en Abegondo.

A sesión de hoxe consistiu principalmente nun traballo de forza con finalizacións, un exercicio de posesión en espazo reducido e, para acabar o traballo sobre o céspede, partidos con equipos de cinco xogadores, de alta intensidade.

A novidade foi Sidnei, que chegou do seu país onte xoves á primeira hora da noite.

Florin Andone e Laure adestráronse co readaptador, Fran Molano; mentres que Carles Gil exercitouse no ximnasio da cidade deportiva.

Faltaron á cita Fayçal, con Marrocos; e Albentosa, que regresa á Coruña este mediodía do partido 'Champions for Life', xogado onte no Estadio Benito Villamarín de Sevilla.

Mañá sábado 31 de decembro, o equipo está citado ás 11.00 en Abegondo.