RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mañá de recuperación para os titulares onte en Copa

Os futbolistas titulares onte en Copa do Rei ante o Alavés tiveron hoxe unha mañá de recuperación en Abegondo, con carreira continua, estiramentos, ximnasio e masaxe.

Para o resto de xogadores, incluídos os fabrilistas Óscar, Nacho Monsalve, Edu, Jardel e Borja Domingo, o adestramento foi de alta intensidade, con rondos, un exercicio de posesión, finalizacións e, para acabar, un partido en espazo reducido.

Mañá xoves 5 de xaneiro, Garitano citou aos seus futbolistas ás 17:30 en Abegondo, para a última sesión previa á visita ligueira ao Espanyol, prevista para o venres 6 de xaneiro ás 20:45 (Gol TV).