RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
DÉPOR ABANCA B

Xornada ligueira reducida en #ANOSACANTEIRA esta fin de semana

Fin de semana reducida para #ANOSACANTEIRA, con varios equipos sen partidos oficiais.

Ten competición oficial o Fabril, que visita o domingo 23 de abril ao Alondras (12:00 horas) nun partido que pode ser definitivo para amarrar a primeira posición.

Tamén xogan liga o Deportivo Abanca B (en Aguiño); Infantil B (xa campión, en Elviña), Alevín A (en Abegondo) e Alevín B (na Torre).

Descansan este fin de semana o Xuvenil A, á espera de araincar a Copa do Rei ante Osasuna; Xuvenil B; Cadete A; Cadete B, que participa nun torneo en Nantes (Francia); Infantil A; e Benjamín A, nun torneo en Stuttgart (Alemaña).

O Benxamín B disputa a segunda xornada do Trofeo AFAC, que arrancou o pasado 8 de abril. Esta Primeira Fase será baixo o formato de liga a unha soa volta. Os dous primeiros equipos clasifícanse para a seguinte fase.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
ALONDRAS - FABRIL, o domingo 23 de abril ás 12:00 no campo do Morrazo
Clasificación: 1. Fabril, 71 puntos; 2. Rápido de Bouzas, 67 puntos...

Categoría feminina
XUVENTÚ AGUIÑO - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 23 de abril ás 12:30 no campo da Tasca (Aguiño)
Clasificación da Primeira División Autonómica: ... 5. Umia e Sárdoma B, 41 puntos; 7. Deportivo Abanca B e O Val, 37 puntos; 9. Milagrosa, 33 puntos...

Categoría xuvenil
Clasificación final da División de Honra: 1. Celta, 74 puntos; 2. Sporting de Gijón, 69 puntos; 3. Xuvenil A, 67 puntos; 4. Lugo, 61 puntos...

Clasificación da Liga Nacional (xornada 29): 1. Celta B, 72 puntos; 2. Xuvenil B, 66 puntos; 3. Racing Vilalbés, 58 puntos...

Categoría cadete
Clasificación da División de Honra (xornada 29): 1. Celta A, 82 puntos; 2. Cadete A, 75 puntos; 3. Victoria, 56 puntos...

Clasificación da Liga Galega, grupo 1º (xornada 27): 1. Calasanz, 67 puntos; 2. Cadete B, 64 puntos; 3. Santiago de Compostela, 56 puntos...

Categoría infantil
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º (xornada 29): 1. Infantil A, 83 puntos; 2. Ural, 71 puntos...

URAL B - INFANTIL B, o sábado 22 de abril ás 12:30 en Elviña (pequeno)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B (xa campión), 78 puntos; 2. Imperátor, 68 puntos...

Categoría alevín
ALEVÍN A - CALASANZ A, o sábado 22 de abril ás 11:00 en Abegondo
Clasificación do Trofeo Luis Calvo de fútbol once, grupo 1º: 1. Alevín A, 27 puntos; 2. Ural A e Calasanz A, 21 puntos...

ALEVÍN B - OBRADOIRO, o domingo 23 de abril ás 11:00 na Torre nº 2
Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º: 1. Alevín B, 34 puntos; 2. Calasanz C, 31 puntos; 3. Ural C, 27 puntos...

Categoria benxamín
Xogado o pasado luns: ATLÉTICO ARTEIXO A 1 - BENXAMÍN A 7 (Bruno -2-, Montes, Álex, David, Jairo e Eli)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A (un partido máis), 76 puntos; 2. Ural A, 68 puntos...

Trofeo AFAC, segunda xornada: VICTORIA C - BENXAMÍN B, o sábado 22 de abril ás 11:00 na Torre 4