RCD / NOVAS

A área Educativa do Club reúnese coas familias dos xogadores de #ANOSACANTEIRA

03/09/2017 11:08

A área Educativa do Real Club Deportivo, que coordina a psicóloga Marisol Arias Barja, ten previsto comezar a reunirse esta próxima semana coas familias de todos os xogadores, uns 200, de #ANOSACANTEIRA.

Coa presenza ademais do director do Fútbol Base, Albert Gil, o obxectivo que se persegue nesta primeira rolda de reunións é basicamente lembrar as normas de funcionamento que rexerán aos equipos durante a temporada e establecer canles de comunicación permanentes entre o Club e os pais dos futbolistas.

O calendario das reunións, que serán todas na sala de prensa da Cidade Deportiva de Abegondo, é o seguinte:

Alevín A e Alevín B: luns 4 de setembro ás 19:00

Benxamín A e Benxamín B: martes 5 de setembro ás 19:00

Infantil A e Infantil B: xoves 7 de setembro ás 19:00

Cadete A e Cadete B: mércores 6 de setembro ás 19:30

Xuvenil A e Xuvenil B: mércores 6 de setembro ás 18:30